Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Concellalía de Seguridade Cidadá boicota por todos os seus meios a convocatória da mobilización do 1 de Decembro

Written By Virgulino on 28/11/02 | 11:23

A Concellalía de Seguridade Cidadá boicota por todos os seus meios a convocatória da mobilización do 1 de Decembro

Identificacións por colar cartazes, retirada de pancartas e retencións aos convocantes convirten-se na principal actividade da Policia Local




O Movimento Polos Direitos Civis, iniciativa da CIG-Mocidade, os CAE e os CAF, quere denunciar o boicote, sistemático e planificado, da Concellalía de Seguridade Cidadá contra as organizacións que secundan a mobilización do 1 de decembro. Na noite de onte, as pancartas dispostas polo sindicato CIG e a organización estudantil CAF foron retiradas, a pesar de que se tiña solicitado permiso no Concello de Compostela, e de que a autorización fora aprobada na Comisión de Governo. Un número indeterminado de mozas e mozos foron identificados por colar cartaces, e un deles foi levado á Comisaria da Policia Nacional.



A Policia Local confunde á mocidade máis activa deste país con delincuentes, e equipara a liberdade de expresión a un feito delictivo e perseguíbel, chegando a acusar a várias persoas de desobediéncia e reiteración. Como é óbvio, as organizacións sociais de Compostela son, por natureza, desobedientes, porque todos os meios dos que dispoñen para expresar-se están proibidos por unha Ordenanza de Meio Ambiente antisocial, caduca e negativa para todas e todos. Os colectivos sociais non están dispostos a deixar de expresar-se e non só seguirán, a colar cartaces, realizar murais e colgar pancartas, senón que prepararán nas próximas semanas actividades de mobilización e desobediéncia activa contra a inxustiza.



A reivindicación, neste caso, non podia ser máis digna: exixir responsabilidades pola catástrofe da marea negra, a adopción de medidas económicas para as e os afectados, e a instauración dunha política preventiva real. Carlos Nieves é asi tan responsábel do ocultamento das manifestacións de protesta como os censores informativos guiados pola Xunta de Galiza.

0 comentarios:

Publicar un comentario