- No 2010 os empresarios xa valoraron a contratación de seguridade privada polo ineficacia da videovixiancia
- O Comisario da Policía de Lugo afirmou que as cámaras dan unha sensación "subxectiva de seguridade" e, polo tanto, non é real
- Os estudos internacionais poñen en dúbida a eficacia dos dispositivoos
O Movemento polos Dereitos Civís está abraiado pola alarma existentes pola retirada dos permisos das cámaras de videovixiancia que foron rexeitadas despois de que A Comisión de Petición do Congreso remitira as dúbidas que o MpDC mantiña sobre os dispositivos á Comisión de Interior e ao Ministrio de Presidencia. Precisamente o MpDC fíxolle chegar ao Congreso que "Por regla general las renovaciones se están haciendo con un mero escrito en el que el solicitante manifiesta que se mantiene los motivo que dieron lugar a la autorización, sin que se aporte nada que demuestre la certeza de la afirmación y sin garantir los plazos"
Nula eficacia dos dispositivos
Os memos empresarios do Polígono do Ceao mostraron o seu malestar en decembro do 2010 pola escasa eficacia da videovixiancia instalada polo Concello. Producírase, entre outros, o roubo dunha empresa sin que quedara constancia en ningunha das cámaras. Tamén en Compostela roubouse en dúas ocasións a placa comemoratia do premio Príncipe de Asturias que está instalada no medio da Praza do Obradoiro onde hai 3 cámaras. Tamén, na Coruña, a Delegación do Goberno retirou a autorización das cámaras contra o Botellón pola súa nula efectividade..
Informe redactado polo Comisario Xefe de Lugo fala que "as cámaras de vixilancia producen seguridade subxectiva nos cidadáns
"No 2009 O Comisario Xefe de Lugo afirmaba que "as cámaras de vixilancia producen seguridade subxectiva nos cidadáns", algo que ven afirmando continuamente o Movemento polos Dereitos Civís, xa que a seguridade subxectiva non é seguridade real, simplemente é sensación de seguridade.
Escasa efectividade dos dispositivos
O MpDC lembra que o estudo realizado pola Universidade de Málaga, e que se suma aos doutros estudos realizados no 2002 (UK e USA), 2005 (UK e USA) e 2009 (UK, USA, Suecia, Canadá) amosan moi escasos resultados coa utilización das cámaras de videovixiancia para reducir a delincuencia. No estudo do 2009 valorouse a efectivades doutros métodos como a iluminación das ruas ou un diseño viario que dificulte a fuxida, así como a utilización de mobiliario urbano para evitar a delincuencia como métodos máis eficaces.
O estudo buscaba comprobar tres hipótesis: que as cámaras non son eficientes para reducir a delincuencia, produce un desprazamento da delincuencia e crea sensación de seguridade. Das tres hipóteses confirmáronse as dúas primeiras e non se puido comprobar a últimas. As cámaras non crearon unha sensación de seguridade e os comerciantes seguían pedindo máis na mesmas rúas onde xá estaban instaladas.
Non se produciu un incremento dos número de delictos esclarecidos nas rúas con videocámaras segundo estádisticas policiais e confírmouse que as cámaras non impiden os delictos graves como as agresións , aumentandos os furtos e roubos con violencia.
2 comentarios:
hai que lembrar que o estudio da Universidad de Málaga está feito sobre as cámaras do Ayuntamiento de Málaga, de tódalas cámaras que o concello ten en Málaga. Efectividade nula
Lembrar tamén que noutros polígonos non hai cámaras e o índice de delincuencia é similar ao do ceao
Ademais, o colmo do ridículo é o feito de que os empresarios queixáranse da nula efectividade das cámaras, propondo incluso a contratación de seguridade privaada, e agora digan que teñen medo polo aumento da delincuencia a raíz do apagado das cámaras.
Publicar un comentario