Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Protección de Dato propón sanción a Prosegur de atá 300.000€ polas súas cámaras de Vigo

Written By Dereitos Civís on 27/5/12 | 13:08


A empresa de seguridade non contestou ao primeiro requirimento da AGPD
Prosegur enviou unha foto do interior da oficina afirmando que era a imaxe captada pola cámara exterior

En Maio de 2011 o MpDC presentou denuncia contra as cámaras de videovixiancia instaladas na sede de Prosegur en Vigo. Nesa sede había varas cámaras enfocando á vía públcia (algo permitido únicamente aos corpos e forzas de seguridade do estado). Protección de Datos dirixiuse a Prosegur en Setembro (catro meses despois da denuncia) sen conseguir contestación. Novamente, en novembro, Protección de Datos diríxese a Prosegur recibindo como contestación que é unha EMPRESA DE SEGURIDADE REXISTRADA NO MINISTERIO DE INTERIOR, algo que debería garantizar que instalaría cámaras con correción e non infrixindo as normas legais. Ademais "aporta copia de documentación que permita comprobar que la empresa de seguridad ha notificado las características de la citada instalación a la autoridad competente en materia de seguridad privada" algo que mostra claramente a nula eficacia do control realizado pola Delegación do Goberno e Ministerio do Interior.

A pesar das evidencias, o que levou á AGPD a propor sanción contra Prosegur foi o feito de que afirmara que "disponen de 2 cámaras instaladas en el exterior. En este punto se observa una clara contradicción en la información aportada por PROSEGUR. En una de las fotografías, que coincide con la aportada por el denunciante, se. observa como una de las cámaras exteriores, identificada con el número 5, apunta claramente hacia la vía pública cuando la imagen que presenta, según el monitor de la misma, correspondería al interior de la oficina".

Prosegur facilitou unha imaxe do Interior da Oficina para intentar que a AGPD non abrira investigación contra el polas cámaras que ten instaladas no exterior, un fraude comumente cometido polas empresas que son investigadas pola aGPD.

En Marzo do 2012 a AGPD procedeu a realizar unha investigación na sede denunciada de Prosegur, resultando que estaba pechada. Os investigadores dirixíronse á nova ubicación da empresa encontrándose que tamén aí se reproducían as infracións denunciadas. Por ese motivo a AGPD propuxo unha sanción entre 40.001 e 300.000€.

Nesta nova denuncia do MpDC pódese comprobar como todas as medidas de control fallaron. A empresa denunciada está rexistra no Ministerio de Interior cómo empresa instaladora de cámaras de seguridade e as características da instalación foron comunicadas á autoridade competente. O único motivo polo que existe unha proposta de sanción contra Prosegur, ademais da denuncia do MpDC, é o feito de que foron excesivamente burdos á hora de remitir unha foto manipulada.

2 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada