Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís congratúlase da dimisión de Benigno López

Written By Dereitos Civís on 16/5/12 | 0:25

Chama a unha reformulación total da Institución ou o seu peche


O Valedor do Pobo debería ser "o alto Comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades comprendidos no Título I da Constitución e no estatuto de Autonomía de Galiza. Con este fin, e en xeral co obxecto de defender o pleno respecto á lei e ao dereito, o Valedor do Pobo debería supervisar de oficio ou a instancia de parte (a través dunha queixa) a actividade da Administración da Comunidade Autónoma galega e dos seus entes e empresas públicas ou dependentes, así como da Administración local naquelas materias que sexan competencia da nosa comunidade".
 
 
Sin embargo detrás desa fachada o único que había era complacencia coas administracións e unha nula ou escasa implicación co que debera ser o seu desvelo, o pobo. Parece máis ben axeitado nomealo Valedor do status quo ou institucional ao mirar o traballo realizado pola institución.
 
Esa intitución negouse en reiteradas ocasións a contestar ou a investigar denuncias de vulneracións de dereitos nas administracións públicas; noutros casos, o Valedor deu as queixas por solucionadas sen exercer calquera tipo de investigación ou pesquisa, ou ben encomendou o resto de investigacións ao denunciante cando se trataba da súa función. Noutros casos, ten rexeitado queixas que despois foron aceitadas polo Defensor del Pueblo demostrando que a actuación do Valedor non se axustaba a criterios obxetivos de admisión das denuncias.
 
Nunha enquisa do 2008 o O 54,1%% das galegas e dos galegos consideraban que o cargo de Valedor do Pobo é un cargo político e que as decisión tomadas polo alto comisionado parlamentario están condicionadas polos partidos políticos. As persoas entrevistadas foron consultadas sobre o nivel de imparcialidade que lle atribúen á figura do Valedor do Pobo, e tan só o 29% considera que é totalmente imparcial, mentres que o 54,% dos enquisados responderon que, ao ser elixido polos partidos políticos, as súas actuación están condicionadas polos intereses de cada grupo.
 
As declaracións do Valedor do Pobo viñan dando a razón a esa apreciación. A postura de Benigno López sobre o galego, as súas declaracións sobre as transferencias de tráfico ou as recentes opinións vertidas sobre a Lei de Dependencias deixan claro que o Valedor do Pobo, lonxe de defender a legalidade e a cidadanía, está a posicionarse políticamente sobre os problemas dos galegos.

Por todo isto Dereitos Civís congratúlase da súa dimisión e pensa que é unha oportunidade para a reformulación da Institución.

2 comentarios:

Nemigo dijo...

o dano feito á institución é irreparable. A ver se son quen de sobrevivir ao uso partidista, elitista, ilegal e amoral

Dereitos Civís dijo...

O Valedor do Pobo debería ser algo onde estivera presente a sociedade, non un órgano presidido por unha persoa elixida como contraprestación política

Publicar un comentario