Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

AGPD acusa ao Consello de Contas de infracción grave despois dunha segunda investigación

Written By Dereitos Civís on 14/2/12 | 12:16

  • Foi necesaria unha segunda investigación
  • As cámaras do Consello de Contas enfocan á vía pública
  • Na primeira investigación o ente público negou que grabara a vía pública

En maio de 2009 o MpDC denunciou as cámaras de videovixiancia do Consello de Contas de Santiago de Compostela. Naquela ocasión a Axencia Española de Protección de Datos afirmou que "no presente caso, consta acreditada a existencia de cámaras que puideran captar imaxes da vía pública. Sin embargo, xa que as mesmas foron colocadas para unha finalidade concreta, non se puido constatar que as mesmas captaran imaxes das persoas que se encontraba nun espacio da vía pública superior á porción que inevitablemente pode ser captada para a protecció do espazo privado" Simplemente a AGPD non realizou ningunha averiguación e aceptou por boas todas as afirmacións realizadas polo Consello de Contas.

En Xullo do 2010 o MPDC voltou a presentar denuncia contra as cámaras do Consello de Contas, coa diferenza que nesta ocasión o Consello de Contas remitiu imaxes nas que se podía apreciar que estaba grabando a vía pública. Imaxes que, segundo a última resolución "non se analizaron nin foron aportadas" no procedimento do ano 2009. A AGPD tamén valorou o feito de que o "denunciante aportou xunto a súa denuncia unha noticia aparecida no Correo Gallego.es de 22/10/2009 .. engadindo no seu titular -non hai dúbida na súa identificación, grabouno unha cámara de vixiancia- ... engadíndose á información que as -cámaras de seguridade que captaron ao individuo e cuxas imaxes serviron para a súa identificación e posterior detención foron as do edificio onde está ubicado o Consello de Contas-". a AGPD considera que isto é un "poderoso indicio de identificabilidade das persoas que ciruclan no espazo cercano ao Consello"

Cabe lembrar que a empresa que instalou cámaras "FICHET SISTEMAS Y SERVICIOS" está autorizada polo Ministerio do Interior e informou á autoridade competente sobre as caractereistcia da instalación. Ambas medidas, a autorización e a remisión das características da instalación, amósanse completamente inúteis para o control da legalidade das instalacións.



1 comentarios:

Nemigo dijo...

non son a excepción:

El Concello de Bergondo instala cámaras de vigilancia en el polígono para mejorar la seguridad

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/03/24/concello-bergondo-instala-camaras-vigilancia-poligono-mejorar-seguridad/0003_20120320120324180036153.htm

Publicar un comentario