Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Delegación do Goberno en Madrid considera "que se actuou en todo momento en cumprimento da Constitución" nas cargas das Xornadas Mundiais da Xuventude

Written By Dereitos Civís on 23/1/12 | 8:38

  • Afirma que se impartiron "instruccións oportunas para garantizar o exercicio do dereito fundamental de reunión, así como os dereitos e liberdades de todos os cidadáns"
  • O Defensor del Pueblo volveu a pedir informes á Delegación do Goberno e á Dirección Xeral da Polícia e da Garda Civil

Despois de que 281 persoas presentaran queixa ao Defensor del Pueblo polas cargas policias contra manifestantes contrarios ás Xornadas Mundiais da Xuventude, este dirixiuse á Delegación do Goberno en Madrid, quen ven de contestarlle afirmando que "entre outras couas, considerase que se actuou en todo momento en cumprimento da Constitución e as leis, impartindo as instruccións oportunas para garantir o exercicio do dereito fundamentl de reunión, así como os dereitos e liberdades de todos os cidadáns. Asimesmo, manifestase que para facer efectivos estes dereitos, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado recibiron a orde de actuar conforme aos principios de congruencia, oportunidade e proporcionalidade para evitar que se produciran danos máis graves, inmediatos e irreparables"

A Delegación do Goberno en Madrid ven de afirmar isto ainda depois de que se lle enviara variado material gráfico que demostraba que non se deron os mencionados principios de congruencia, oportunidade e proporcionalidade:

Unha Delegación do Goberno, e por enésima vez, obvia completamente as denuncias de negativas a identificaranse por parte dos axentes, as agresións policias (incluso con material gráfico) e o abuso de autoridade; algo que amosa novamente a indefensión na que se ven as persoas que se poden ver involucradas nunha actuación policial de calquera tipo.

O Defensor del Pueblo á vista do contido de dito informe, considerou necesario dirxirse novamente á Delegación do Goberno en Madrid e á Dirección Xeral da Policía e da Garda Civil solicitando unha ampliación da referida información.

Páxina onde se recolleron as queixas: http://actuable.es/peticiones/queja-al-defensor-del-pueblo-las-actuaciones-policiales

0 comentarios:

Publicar un comentario