• O Colexio negou a Protección de Datos que as cámaras graven
• As imaxes foron entregadas aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado
Protección de Datos ven de abrir un novo expediente por gravación da vía pública en Galiza. Nesta ocasión a AGPD investiga a un colexio de Vigo que ten dúas cámaras de videovixiancia gravando a rúa. A noticias saltou en xuño do 2009 cando foron titulares de toda Galiza que as cámaras do Colexio gravaran unha explosión nunha sucursal de Caixa Galicia. A AGPD abriu investigación e comprobou que as cámaras enfocan á vía pública, non contan con avisos de zona videovxiada e non teñen rexistro de gravación informado á AGPD.
En resposta ás investigacións da AGPD o colexio alegou que as cámaras funcionan como videoportero e non gravan. Algo que entra en contradición co feito de que o colexio entregou gravacións á Policía para investigar a explosión
A Nula efectividade da videovixiancia
Renato Núñez, voceiro do MpDC, quere lembrar da nula efectividade destes dispositivos que semellan seren máis útiles como elemento de entretemento, ao seren utilizados polos medios de comunicación para amosar imaxes violentas, que efectivo ao non evitaren os delitos como pasou recentemente en Compostela co Códice Calixtino ou co roubo, xa en dúas ocasións, da placa conmemorativa do Premio Príncipe de Asturias ao Camiño de Santiago.
Outros expedientes recentes
Axencia Española de Protección de Datos ven acumulando varios procedimentos sancionadores en Galiza, a raíz das denuncias do MpDC: IKEA de A Coruña, o Concello de CEE, o Consello de Contas e o Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela.