• Concello de Pontedeume non é capaz de aclarar onde constatou a eficacia da videovixiancia
• MpDC entende que se busca enganar á cidadanía
No mes de Abril, novamente, o Movemento polos Dereitos Civís presentou solicitude de información ao Concello de Pontedeume sobre onde constatou que en países de Europa e no Estado Español se puido comprobar a eficacia da videovixiancia. Esta petición ven formulada a raíz dunhas declaracións realizadas polo Concellal responsable da Seguridade dese municipio en febreiro do 2010. O Concello de Pontedeume afirmaba que coa instalación das cámaras aforrará nos gastos de arranxos derivados dos actos vandálicos ao igual que sucede, segundo o alcalde de Pontedeume, noutros países de Europa e outras zonas de España onde está medida "está funcionando". A raíz daquelas declaracións o Valedor do Pobo llo solicitou en seis ocasións, ao Concello de Pontedeume, sin conseguir que este aclarara a fonte das súas afirmacións.
A experiencia do MpDC di que as cámaras resultaron de moi dubidosa utilidade noutras cidades e concellos galegos, e neste asunto que nos ocupa, as cámaras servirían como moito para identificar aos culpables e de ningún xeito para evitar o roubo ou desperfectos nas mesmas. Un reportaxe recente da Televisión de Castela e León mostrou como o vandalismo segue aumentando despois da instalación de videocámaras en Salamanca.
O Defensor del Pueblo abre expediente ao Concello de Pontedeume para que aclare a efectividade da videovixiancia
Written By Virgulino on 5/8/11 | 9:08
Etiquetas:
Concello de Pontedeume,
Concello de Santiago de Compostela,
Defensor del Pueblo,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Dereito das Persoas,
Informe 2007,
Valedor do Pobo,
Videovixilancia