Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A AGPD inicia procedimente para declarar infractor ao Concello de Cee polas cámaras de videovixiancia

Written By Virgulino on 22/6/11 | 8:52

  • Cee tardou cinco meses e medio en contestar ao requerimento de Protección de Datos
  • Hai 3 cámaras exteriores; 1 con zoom e posibilidade de movemento.
  • Non existe arquivo de videovixiancia na Axencia Española de Protección de Datos a nome do Concello de Cee
  • A infracción sería grave segundo a AGPD

A AGPD ven de informar ao Movemento polos Dereitos Civís que abre procedimento de declaración de infracción de administación públicas contra o Concello de Cee por non ter declarado ningún arquivo de videovixiancia perante a AGPD e dispor de 3 videocámaras no exterior do Concello. As cámaras siguen instaladas a pesar que o Concello instalounas sin ningunha autorización por parte da autoridade competente, ou sexa a Delegación do Goberno, Ademais, cando se instalaron non tiñan sinalizando a zona como videovixiada, requisito que, segundo o Concello nun escrito de Marzo do 2011 xa se estaría cumplindo.

O MpDC denunciara que a Delegación do Goberno non autorizara ningunha cámara no Concello de Cee xa que ninguén solicitara a mencionada autorización. Iso xa demostraba que as cámaras era ilegais. Ademais, que tampouco existía comunicación do rexistro de gravacións á Agencia Española de Protección de Datos, algo que ven de confirmarse. Nembargante, o MpDC considera que o feito de que as cámaras sigan instaladas é culpa da Delegación do Goberno e non do Concello. Tanto o Concello de Neda (que vai instalar cámaras aínda cando non conte con autorización da Delegación do Goberno), como o Concello de Cee (que xa as ten) non fan máis que aproveitarse da permisividade da Delegación do Goberno que non toma ningún tipo de medida contras as instalacións ilegais, é máis, autorizaas a posterior.

Esa autoridade, que outorga os permisos para as cámaras, ten coñecemento das cámaras ilegais de Cee e non actúa. Como tampouco actuou contras as cámaras de Ares ou as da Estación de Autobuses de A Coruña (ambas instaladas sen autorización e permitidas pola Delegación).

A Delegación do Goberno tamén mantén autorización para cámaras que non cumpren có principio de idoneidade e proporcionalidade, necesarios para a súa instalación. Ás cámaras da zona vella da Coruña non serviron para diminuír o botellón e os empresario do polígono do Ceao (Lugo) queixanse desde fai máis dun ano da ineficacia das máis de 30 cámaras instaladas no polígono. A pesar de que as cámaras non cumpren có principio de idoneidade (non son idóneas para diminuír o botellón ou os roubos) e có de proporcionalidade (existen outros métodos menos dañinos para os dereitos fundamentais para lograr o mesmo fin que coas cámaras – declaración de Zona de Especial Protección na Coruña e vixilancia privada no Polígono) a Delegación non retira as autorizacións e sigue legalizando as cámaras instaladas ilegalmente.

2 comentarios:

Nemigo dijo...

pronto pensa sumarse á desfeita o concello de pontedeume que co pulo da "cidadanía" e ca unanimidade da oposición quere facer un grande irmán na vila dos andrade

Anónimo dijo...

veremos si teñen autorización.

Publicar un comentario