"A Axencia Española de Protección de Datos decidiu iniciar un procedemento de declaración de infracción de administracións públicas contra a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), por causa das cámaras de videovixillancia que esta institución ten no exterior do seu edificio.
Protección de Datos inicia un proceso de declaración de infracción contra a EGAP | | Galicia Hoxe - Noticias en galego a diario:
Segundo informou Movemento polos Dereitos Civís, a entidade denunciante, o auto da Axencia de Protección de Datos recolle que a EGAP dispón de cámaras na entrada principal do edificio, os catro accesos laterais e a zona de ventás da primeira planta, ao nivel da rúa.
A finalidade destas cámaras, segundo replica a EGAP no auto, é 'garantir a seguridade do edificio' e 'facilitar os labores de evacuación en caso de emerxencia'. As imaxes captadas por estas cámaras son gravadas, non obstante, o persoal da empresa que presta o servizo non ten acceso a estas gravacións.
Ante os datos recollidos pola Axencia, esta decidiu iniciar o procedemento de declaración de infracción de administracións públicas, nomeando como instrutora a Rosa Vallejo Martín.
Para esta decisión, a Axencia de Protección de Datos alega que o tratamento de datos de carácter persoal 'requirirá consentimento inequívoco do afectado', salvo que a lei dispoña outra cousa.
- Enviado mediante la barra Google"
O MpDC na Prensa - Galicia Hoxe: Protección de Datos inicia un proceso de declaración de infracción contra a EGAP
Written By Virgulino on 10/9/10 | 10:44
Etiquetas:
AGPD,
Concello de Pontedeume,
Concello de Santiago de Compostela,
Defensor del Pueblo,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Dereito das Persoas,
Valedor do Pobo,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario