· Súmase a decisión de non instalar cámaras nos parques infantís
· Actualmente siguen instaladas con Constancia das autoriades as cámaras do Ceao, as da zona da Muralla, varias de tráfico e as do CEI
· Existen outras, como a instalada no entorno do Pazo de Orbán, que non están controladas por ningunha institución
O Concello de Lugo ven de afirmar que tampouco instalou cámaras na Sala Porta Miñá e en San Roque- Cámaras que estaban previstas, xunto coas cámaras nos parques infantis, e que o non foron efectivizadas. Desde o MpDC non se puído comprobar si esta afirmación é certa. Para a asociación, que ven denunciando a proliferación desmedida dos dispositivos de videovixiancia, sigue existindo demasidadas cámaras en Lugo.
O MpDC lembra que non está demostrado a efectividade dos dispositivos de videovixiancia e que o Comisario Xefe Provincial de Lugo afirma que “las cámaras de vigílancia producen seguridad subjetiva en los ciudadanos”. Renato Núñez, voceiro do MpDC , lembra que a seguridade subxectiva é a mera senación de seguridade, un efecto placebo que fai que os demais se sintan mais seguros ainda que non exista seguridade real.
Renato Núñez lembrou tamén que as cámaras de videovixiancia foron utilizadas por policías locais de Lugo para gravar unha parella mantendo relacións sexuais. E este é un feito obxectivo, non subxectivo como a sensación de seguridade que nos queren dar.
Contacto: 610858850
0 comentarios:
Publicar un comentario