· A falta de medios fai que a AGPD acredite nas declaración escritas das empresas denunciadas
· Non son capaces de enviar inspectores para averigüar a veracidade das si son certas as denuncias
O MpDC ven de denunciar que a falta de medios da Axencia Española de Protección de Datos, e unha certa desidia, esta provocando que acepten como boas as declaracións das empresas denunciadas sen realizar ningunha averiguación. Dereitos Civís ven constatando este feito a raíz de varias denuncias presentadas e acaba de recibir o último caso deste tipo.
O pasado día 2 de xuño denunciou unha grande superficie dedicada a venda de adornas para o fogar, a mencionada empresa non dispuña de sinais de zona videovixiada en ningún lugar, tiña pantallas á vista onde aparecían imaxes das captadas polas cámaras instaladas no recinto e non constaba rexistro de gravacións na Axencia Española de Protección de Datos.
A empresa contestou que efectivamente dispón dunha “pre-instalación” de videovixiancia pero que tiña, moi oportunamente, o apartado de gravación de imaxes inactivo e que o sistema de gravación foi devolgo. Recoñece que dispuña dunha pantalla (a denunciada) onde se podían ver imaxes captadas polas cámaras instaladas no interior e que estaba manipulada por persoal da empresa. En relación cós carteis informativos, remite fotos dos mesmo, algo que só se puido facer a posteriori da denuncia pois cando os membros do MpDC se acercaron á empresa non existía ningún. Por último, afirman que as cámaras comezarán a gravar cando se dispoña do correspondente rexistro perante a AGPD (algo bastante complicado si temos en conta que afirmaron que devolveran o sistema de gravación), finalmente lle concederon o rexistro o 10 de agosto de 2010.
Renato Núñez, voceiro do MpDC, considera que isto e un cúmulo de despropósitos pois é evidente que resulta realmente fácil esquivar a lexislación sobre videovixiancia. Nada do que afirma a empresa denunciada se pode comprobar e, incluso, o feito de que se afirme que se devolveu un sistema de gravación á empresa instaladora pero que se porá a funcionar tan pronto de dispoña do rexistro supón unha contradición de tal calibre que debería xustificar unha investigación máis exhaustiva.
O Movemento polos Dereitos Civís lembra que as imaxes captadas polas cámaras do mencionado centro estiveron sen ningún tipo de control e poderían acabar en calquera páxina de internet.
0 comentarios:
Publicar un comentario