• Benígno López enviou solicitudes a Pontedeume o 19 de agosto, 8 de Outubro, 9 de Novembro, 13 de decembro e 25 de Xaneiro
• Renato Núñez, voceiro do MpDC, considera que o Alcalde de Pontedeume esta mostrando unha total falta de respecto á institución
Casi una ano despois de que o Alcalde de Pontedeume afirmara que estaba barallando orzamentos para a instalación de cámras de videovixiancia no Concello, o MpDC e o Valedor do Pobo non conseguiron que este explicara varios aspectos das declaracións realizadas
MpDC solicitou ao Concello de Pontedeume que:
1. Aclarara onde constataron que as cámaras noutros países de Europa e España funcionan
2. se absteña de instalar cámaras de vídeo vixilancia sen cumprir cos requisitos esíxidos polas normas, é dicír, principio de proporcionalidade, autorización da Delegación do Goberno e informe favorable da Comisión de Garantías.
3. informe a esta Asociación o estado no que se atopa a instalación de cámaras de vídeo vixilancía en varios puntos do centro de Pontedeume.
O voceiro do MpDC considera que as medidas que pensa tomar o Alcalde ten como único obxectivo a de dar a sensación de que van a solucionar os problemas de vandalismo que poida ter o Concello. Renato Nüñez lembra que as cámaras transmiten una sensación subxectiva de seguridade, pero non real. Fan aos vecinos creer que teñen garantizada a seguridade cando os datos dos estudios realizados din todo o contrario.
O Movemento polos Dereitos Civís di que os veciños non deben conformarse con que se lles entregue un placebo en forma de videovixiancia, que deben reclamar unha seguridade efectiva. Por outro lado, o que sí esta constatado, é que as imaxes das cámaras poden acabar en lugares non desexados e que a súa instalación pode vulnerar a lexislación vixente.
0 comentarios:
Publicar un comentario