Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Protección de Datos resístese a sancionar a Caixa Galicia

Written By Virgulino on 23/2/11 | 10:08

·         Dubida sobre que sexa certo que as cámaras denunciadas correspondan a Caixa Galicia

·         A Institución prefire non investigar por si se lle fai un daño á imaxe da caixa galega

·         Caixa Galicia tampuco facilita o aceso ás imaxes gravadas polas cámaras como obriga a lei

·         Dereito Civís tivo que presentar unha secuencia de fotos para demostrar que as cámaras de Concheiros vulnera a legalidade

 

O MpDC denunciou que a cámara da fachada da sucursal de Concheiros enfoca á rúa, en contra do permitido pola lexislación vixente. Dereitos Civís lembra que a SGAE foi sancionada por este mesmo motivo con 30.000€. Nembargante, neste caso, a AGPD prefire non investigar pondo en dúbida que a cámara corresponda á sucursal denunciada e en defensa da presunción de inocencia de Caixa Galicia.

 

Resulta realmente abraiante a falta de dilixencia que está amosando a AGPD na defensa da Protección de Datos neste caso., pois non pon en dúbida que a cámara esté enfocando a vía pública, soamente pon en dúbida que a cámara corresponda á sucursal denunciando. Tendo a capacidade de investigar de oficio, non se entende que non investigue unha cámara que a todas luces non cumple coa lei.

 

Por outro lado, protección de datos está pondo grandes trabas para sancionar a Caixa Galicia por  non permitir o acceso a imaxes gravadas polas cámaras exteriores das súas sucursais. Dous cidadáns solicitaron o acceso ás gravacións sen conseguir que este acceso se fixera efectivo. No primeiro caso Caixa Galicia non contestou e cando se presentou a denuncia perante a AGPD, esta esixiu ao interesado que demostrara que Caixa Galicia recibiu a solicitude. No segundo caso Caixa Galicia contestou que non ten porque facilitar copias das imaxes aos interesados, algo que é absolutamente falso pois nas entradas das sucursais xa se advirte de que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación e cancelación na Rúa Nova, 30.

 

A actitude de Caixa Galicia e da AGPD supón unha burla aos dereitos dos cidadáns pois a normativa afirma que debe existir consentimento por parte da persoa gravada para que se proceda á gravación de imaxes. Este consentimento lógrase coa información suficiente de que se está gravando. Nembargante unha cámara que está enfocando á vía pública (algo que só está permitido aos corpos e forzas de seguridade do estado) non permite evitar a gravación a non ser que se cambie de beirarúa. Ademais ás cámaras de Caixa Galicia son cámaras domo que non se visualizan facilmente e non existe aviso de zona videovixiada nas fachadas das sucursais, polo tanto non hai información suficiente. A pesar de todo isto, é o interesado que debe lograr unha relación de imaxes como a que se adxunta para demostrar que a cámara existe e enfoca a vía pública (imaxes con zoom e suficientemente claras), remitir unha solicitude certificada de acceso ás imaxes a Caixa Galicia e reclamar a correos unha certificación de que a carta foi entregada para poder reclamar  o dereito de acceso, rectificación e cancelación.

 

É evidente que non se garantiza os dereitos das persoas gravadas e créase todo tipo de ventaxes para que Caixa Galicia siga gravando.

 

·         Foto 1, do  11 de agosto do 2011: mostra un primeiro plano da cámara enfocando a vía pública

·         Foto 2, do 16 de febreiro do 2011: mostra un primeiro plano da cámara enfocando a fachada

·         Foto 3, do 16 de febreiro do 2011: mostra a cámara enfocando a fachada

·         Foto 4, do 11 de agosto do 2010: mostra claramente á cámara enfocando á rúa

·         Foto 5, do 11 de agosto do 2010: nova foto amosando a cámara enfocando á vía pública

·         Fotos da 6 á 10, do 16 de febreio do 2010: secuencia de fotos que se van distanciando da fachada da sucursal

·         Foto 11: zona á que enfocaba a cámara

·         Foto 12: zona da fachada da sucursal onde está instalada á cámara

 

 

 

0 comentarios:

Publicar un comentario