Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Consello de Contas falsea información para non ser sancionado por Protección de Datos

Written By Virgulino on 27/2/11 | 13:57

·         Enviaron documentación a Protección de Datos conforme as súas cámaras “únicamente gravaban o espazo de vía pública que inevitablemente pode ser gravado”

·         O MpDC aportou fotos das cámaras apuntando á rúa, en dirección contraria ao Edificio, sin posibilidade de visualizar a fachada, en Marzo de 2010 e Xaneiro do 2011.

·         Segundo o Consello de Contas “O campo de acción das cámaras é o mínimo imprescindible” mentres está gravando, polo menos, aos edificios do outro lado da rúa da Institución e ás beirarúas

Renato Núñez, voceiro do MpDC, ven de denunciar que o Consello de Contas falseou documentación para evitar a sanción da Axencia Española de Protección de Dato. A Institución galego afirmou á Axencia que as súas cámaras enfocaba soamente a fachada e a parte inevitable da vía pública. Nembargante o MpDC presentou fotos das cámaras apuntando en dirección exactamente contraria á fachada do edificio do Consello de Contas, dedicándose a vixiar a vía pública e non á Institución.

Segundo a AGPD, o Consello de Contas “aporta copia de documentación que permite comprobar que la empresa de seguridad ha notificado las características de la citada instalación a la autoridad competente en materia de seguridad privada. Tienen instaladas cámaras en el exterior. Aportan Copia de la solicitud de autorización administrativa de funcionamiento dirigida a la Delegación del Gobierno en Galicia en fecha 13 de abril de 2009, según prevé el Reglamento de Seguridad Privada, para realizar la instalación de las cámaras de vídeovigilancia en el exterior”

Segundo isto, a autoridade competente ne materia de seguridade privada e a Delegación do Goberno sabían que as cámaras estaban instaladas no exterior do Edifico e que enfocaban á vía pública.

A pesar diso a AGPD considerou que “En el presente caso, de la documentación obrante en el expediente se extrae que las cámaras únicamente graban el espacio de vía pública que inevitablemente puede ser grabado para la protección del espacio privado objeto de la instalación, por lo que, como ya hemos señalado, no existen en este caso elementos de prueba suficientes parta enervar el principio de presunción de inocencia.”

Nembargantes, como se pode combrobar nas fotos adxuntas, as cámaras do Consello de Contas enfoca ao exterior do Edifico, á vía pública, vulnerando claramente a lexislación vixente que considera que a vía pública só pode ser vixiada polo Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

En Xullo de 2010 volveuse a presentar unha nova denuncia contra o Consello de Contas e en Outubro a AGPD abriu actuacións previas de inspección. Nembargante, tres meses despois, as cámaras seguían enfocando á vía pública.

Para o MpDC resulta lamentable que despois de todas as probas que de que non se cumple coa lexislación vixente que busca garantizar o Artigo 18 da CE, o Consello de Contas quedará sin unha sanción efectiva pois é unha administración pública.

 

0 comentarios:

Publicar un comentario