· Acudira para asesora a dous sindicalistas que estaban a colar carteis da Folga Xeral sen contravir a Ordenanza de Publicidade Estática
· Os Policías negáronse a falar en galego afirmando que non sabían, logo a axente falou en galego e afirmou que só falaba cando lle daba a gana
· Dixeron que identificaban ao voceiro do MpDC en prevención de que cometera algún delito pero non quixeron dicir cal
· Os Policías negáronse a identificar
· Negáronse a informar como conseguir o parte policial
A Policía Nacional identificou a varios sindicalistas, por orde da empresa de seguridade do polígono, cando estaban colando carteis da Folga Xeral cumprindo estritamente a Ordenanza de Publicidade Estática. A raíz deste incidente o voceiro do MpDC acudiu para asesorar aos afectados e un axente da Policía Nacional dixo que non lle entendía e requiriulle que se identificara. O voceiro do MpDC preguntoulle á outra axente presente si sabía galego e dixo que non, tamén afirmou que se identificaría pero que quería saber sobre que delito sospeitaban que cometera ou prevían que ía cometer para requirirlle a documentación. O axente dixo que lle identifica porque si e que si non sería detido. O Voceiro do MpDC pediu aos axentes que se identificaran, ao cal se negaron e decidiron levalo detido. Finalmente o membro do MpDC identificouse sen saber cal era o motivo polo que esixían a súa identificacións, momento na que a axente que afirmara que non sabía galego comezou a falar neste idioma.
Finalmente, ao non existir motivo para detelo ou sancionalo, ameazaron con sancionalo por non coincidir a dirección do DNI coa dirección actual que, como todos sabemos, hai que esperar varios meses para conseguir unha cita na policía para a súa actualización.
O MpDC presentará denuncia ante a inspección de persoal da policía pola negativa dos axentes a identificárense, ao Defensor Del Pueblo por negárense a falar en galego (co agravante de que sabían), á Delegación do Goberno e ao Xulgado.
0 comentarios:
Publicar un comentario