Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC pregunta ao Concello que medidas tomou para non ser sanionado novamente pola AGPD

Written By Virgulino on 30/9/10 | 20:15

· A AGP ditou resolución de sanción grave contra o Concello por
negar o acceso a expedientes policiais ilegais a un cidadán

· A AGPD reclamou ao Concello que tomara medidas para que non
volvera a ocurrir o mesmo

· Pasado un ano o MpDC pregunta ao Concello cales foron as medidas
tomadas

O pasado mes de outubro a Axencia Española de Protección de Datos ditou en
resolución en virtude da cal o Concello de Compostela era "condenado" por
cometer unha infracción grave. Esta infracción era non permitir o acceso dun
cidadán aos expedientes policiais que existían sobre el, expediente que
ademais eran ilegais pois o afectado nunca fora condenado ou sancionado por
ningún tipo de infracción.

O Concello tamén foi condenado na vía xudicial polo mesmo motivo.
Nembargante o afectado non puido acceder a todo o expediente pois nos
documentos que foron facilitados finalmente non constaba ningunha
información que respaldara as afirmacións que a Policía Local de Compostela
fixera sobe a súa personalidade.

Pasado xa un ano desde que se ditara a resolución, o MpDC pregunta ao
Concello cales foron as medidas tomadas para que non se volvera a cometer a
mesma infracción. O Movemento polos Dereitos Civís sospeita que non se tomou
ningunha.

0 comentarios:

Publicar un comentario