o interior das vivendas
· A policía local de Lugo usou as cámara de Trafíco para gravar a
unha parella mantendo relacións sexuais
O Defensor del Pueblo ven de aceptar unha queixa e reclamou ao Concello de
Compostela que contesta ás peticións do MpDC de que se retire o ZOOM das
cámaras de tráfico e se elimine a capacidade de tomar imaxes e vídeos coas
mesmas. Dereitos Civís fixo esta peticións despois de ter coñecemento por
medio da Axencia Española de Protección de Datos de que as cámaras, que
están instaladas no centro da cidade e a altura das vivenda, teñen
capacidade para tomar imaxes do interior dos edifícios.
Renato Núñez, voceiro do MpDC, afirma que ten especial preocupación pola
utilización que se fai destes artiluxios pois, ao estaren destinados ao
control do tráfico, non necesitan autorización da Delegación do Goberno e
non existe control sobre o enfoque das mesmas. Esta circunstacia fai posible
que se graven aos cidadáns no interior da súa vivenda como pasou Lugo cando
a Policía Local gravou a unha parella mantendo relacións sexuais.
MpDC: 610858850
0 comentarios:
Publicar un comentario