escrito remitido polo MpDC
· No mencionado escrito O Movemento polos Dereitos Civís tamén
reclama que non se instalen as cámaras
O Valedor do Pobo ven de aceptar unha queixa do MpDC pola falta de
explicacións por parte do Concello de Pontedeume sobre a suposto
efectividade da videovixiancia para a disminución de delictos e actos
vandálicos. Textualmente dixo «Somos conscientes de que hay gente reticente
a que se coloquen este tipo de dispositivos porque consideran que atentan
contra el derecho a la intimidad de las personas, pero en la mayor parte de
los países de Europa y otras zonas de España esta medida está funcionando».
Algo que entra en completa contradicción coa realidade xá que os estudos
internacionais realizados e o estudo realizado pola universidade de Málaga
afirman que non teñen casi efecto disuario. Concretamente, en Málaga, só se
constatou unha unha disminución do 1,9% dos actos vadálicos e /ou delictivos
e, sorprendentemente, que se roubaban mais coches.
Por todo isto, o MpDC reclamou que o Concello fundamentara as súas
afirmacións, xá que non caso de non existir tales informes estaría enganando
ao veciños e veciñas para xustificar a instalación das cámaras.
Renato Núñez, voceiro do MpDC, afirma que as cámaras crean un efecto
"placebo" de seguriade subxectiva, pero non real, e que alivia a tensión
sobre os políticos pero non milloran a seguridade dos veciños. Nembargantes
pódense usar de forma nefasta, como fixo a Policía Local de Lugo que
utilizaron as cámaras de tráfico para gravar unha parella mantendo relacións
sexuais na súa habitación.
0 comentarios:
Publicar un comentario