Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Álvarez Santullano sanciona a Gentalha cunha normativa derogada mentres incumple a vixente

Written By Virgulino on 6/8/10 | 13:46

* A Ordenanza pola que se sanciona á Gentalha é do ano 2000 e quedou
derogada pola de Publicidade Estática do 2005.

* O Defensor del Pueblo fixo recomendacións ao Álvarez Santullano polo
incumprimento da ordenanza vixente

* Álvarez Santullano sanciona a Gentalha mentres non ordenou a retirada das
bandeiras española que ondeaba en fachadas e balcóns vulnerando a mesma
normativa pola que sanciona a Gentalha

O Movemento polos Dereitos Civís ven de manifestar que Álvarez Santullano
non pode sancionar a Gentalha do Pichel con 1500€ pola exhibición dunha
faixa na súa cacharela cando a Ordenanza na que se basa quedou derogada no
2005 coa entrada en vigor da Ordenanza de Publicidade Estática, ordenanza
que a súa área incumpre sistematicamente. Tanto é así que o Defensor del
Pueblo fixo recomendación sobre "un problema que lleva coleando desde el año
2005".

O Defensor del Pueblo reclama, por exemplo, o "Cumplimiento efectivo por
parte de las empresas constructoras de la obligación de habilitar espacios
específicos en las vallas de protección de las obras para la colocación de
carteles y anuncios de comunicación social" extremo da ordenanza que non se
cumple e nembargantes non é supón ningunha sanción ás constructoras."

Para o MpDC, Álvarez Santullano debe de cumprir primeiro a súa própia
ordenanza e logo sancionar a cidadanía por non cumplila.

0 comentarios:

Publicar un comentario