Lembra que a Garda Civil formaba sobre simboloxía galega para que os seus axentes tiveran precaucións con quen as portara.
O ano pasado había furgóns con bufandas nas que se podía ler "Isto é España, e quen non lle guste que se vaia"
O MpDC espera que se reúna a Comisión Galega de Seguridade Cidadá, que leva dous anos sin facelo, para tratar estas actitudes que crean situacións reais de perigo
No día de onte a Policía Nacional impidiu o paso a quen levaba bandeiras da patria, na Zabachería houbo quen na sacou do pao para poder pasar, mentres un axente afirmaba que si fora a "Española" non había problema.
Hoxe o MpDC tivo coñecemento polos medios que un Policía Nacional recriminou a unha xornalista por chamar a unha Praza de Compostela polo seu nome oficial. Espera que isto sirva, por fin, para que os medios de comunicación tomen en serio as denuncias de discriminación que a cidadanía fai ano tras ano e que son tratadas como residuais, provocadas ou exaxeradas.
O MpDC presentará sendos escritos ao Defensor del Pueblo e á inspección de personal da Policía Nacional.
Coacción as manifestacións autorizadas.
O MpDC tamén criticou a actuación da Policía Nacional fronte as manifestacións autorizadas creando cordóns policiais tan pegados aos
manifestantes que pasou levaron a situacións de tensión que acabaron en cargas.
A vixiancia policial débese realizar a unha distancia prudente e sin crear situacións de perigo. Para o MpDC a inobservancia destas mínimas regras foron os motivos reais das cargas policiais.
Cacheos de mochilas cerca da Alameda
Tamén a Policía Nacional se dedicou ao cacheo de mochilas de xovens con simboloxía nacionalista si ningún motivo aparente.
O MpDC critica a actitude policial contra os simbolos galego
Written By Virgulino on 26/7/10 | 19:40
Etiquetas:
Concello de Pontedeume,
Concello de Santiago de Compostela,
Defensor del Pueblo,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Dereito das Persoas,
Valedor do Pobo,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario