Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Para o MpDC aumentan as queixas ante Protección de Datos ao tempo que o descende a dilixencia do organismo estatal

Written By MpDC on 3/6/10 | 17:45

Foi noticia onte e hoxe que as denuncias ante Protección de Datos creceron un 75% no 2009 segundo as cifras da propia Agencia. O MpDC quere chamar a atención sobre este feito, xa que a axencia costuma arquivar os casos sin entrar no fondo.

O mpdc fixo publico en varias ocasions que resolucións do organismo estatal acostuman
a vir feitas por un patrón, un modelo de escrito que responde sempre do mesmo xeito aos feitos máis variados.

Protección de Datos é unha institución que non é quen de cumprir cos seus cometidos debido a, por unha parte, o volume de denuncias que como non vemos non fai máis que medrar de xeito exponencial e, por outro, que lle gusta demasiado o lugar que ocupa e ooo “bo trato” inferido ás demais institucións e administracións.

Tal e como informou a Agencia, as denuncias de 2009 estiveron “sobre todo” relacionadas con Internet, a videovigilancia e coa inclusión indebida de datos en listas de morosos. Boa parte desas queixas, sobre todo no que ten a ver coa videovixilancia proceden do MpDC, queixas Que non son reparadas nin atendidas alegando, na maioría dos casos falta de lexitimidade ou xa respondendo que non teñen capacidade para resolvelas.

Desinterese de Protección de Datos

O MpDC constatou o desinterese da Agencia Española de Protección de Datos sobre os dereitos civís logo de acudir o pasado abril a unha xuntanza co Director da AEPD, Artemio Rallo, para falar sobre os casos que a asociación ten abertos con eles e trasladarlle ao organismo estatal o seu descontento co funcionamento e as resolucións do mesmo.

Desde o Movemento definiuse como pouco produtiva, dado que o director da Agencia rexeitou falar dos casos concretos que ten a asociación abertos con ela. O interese do MpDC era coñecer, caso por caso, os problemas que ten a AEPD para poder emitir resolucións nun prazorazoábel, dado que en numerosas ocasións a asociación leva máisdun
ano esperando a súa resposta. Outro dos intereses do Movemento era coñecer a dinámica de traballo da Agencia, é dicir, de canta xente dispoñen para estudar os casos e que factores teñen en conta.

O MpDC atopouse cunha AEPD que se ampara na Lei Orgánica de Protección de Datos para xustificar as resolucións negativas á asociación. Por exemplo, o caso das cámaras da fachada do Consello de contas de Galiza, situado en Compostela, a Agencia respondeu que como o Consello de Contas ten todos os permisos en regra segundo a Lei Orgánica de
Protección de Datos e que non se pode demostrar que graven a via publica.

O Movemento ve nesta xustificación da AEPD, que perfectamente traspoñen a boa parte das súas queixas, unha maneira de lavarse as mans, xa que a Agencia nas súas respostas e argumentos sempre di que se axusta a lexislación correspondente. Sempre, cando o único que fai é escoitar ao denunciado.

Desde o Movemento continúase a soster a idea de que a AEPD non ten capacidade para poder resolver con efectividade en un prazo razoábel todos os casos que lle chegan. Polo tanto a idea de crear unha Axencia Galega de Protección de Datos segue a ser, a ollos do MpDC, a única solución para desatascar o volume de traballo da agencia estatal e
intentar que dese xeito as violacións dos dereitos civís que cada día se comenten no noso país non queden tan flagrantemente impunes como até o de agora.

0 comentarios:

Publicar un comentario