Os matices que diferencian un acto terrorista dun acto reivindicativo son cada vez máis difusos. Cal pode ser o motivo polo que un avión derrubado en Cuba por un grupo organizado non é un acto de terrorismo?
Incluso os seus responsábeis gozan de proteccion en países estranxeiros. Por outro lado, que leva a que unha persoa sexa detida provisionalmente e incomunicada por despregar unha pancarta nunha cea de gala? Por que centenares de persoas poden ser detidas de forma preventiva por reclamaren melloras medioambientais que eviten o fin deste planeta? Por que unha organización que defende os dereitos dos animais, como PETA, está na lista de organizacións terroristas e os mercenarios Blackwater, que recoñeceron ter asesinado 15 civís en Iraque, non teñan que responder ante a Xustiza? Quen está marcando o que é correcto e aceptábel e o que está mal? Son os mesmos que secuestraron ou non quixeron perseguir o secuestro do imam de Milán e o fixeron desaparecer varios meses. Os mesmos que crearon - ou permitiron ou non quixeron perseguir- os cárceres secretos en Europa e no resto do mundo.
Son os mesmos que nos gravan e nos ispen con escáneres nos aeroportos e non nos permiten levar champús nos espeavións... pero logo soben con maletas con material radioactivos e poñen en perigo a vida de 10.000 persoas. Algo non funciona neste sistema de valores. Recentemente enviáronme una carta desde a Unión de Gardas Civís que reproducía a carta dunha nai vítima do terrorismo á nai dun etarra e pedian a sua divulgación. Na carta falaba de que o seu fillo durmía nunha cama cómoda do cárcere mentres ela xa non tiña o seu fillo, e que estaba abrumada polo apoio meditiáco que tiñan os familiares de ETA mentres ela tiña que tirar para diante case sen apoios. Non parece ser o cárcere o lugar máis cómodo para pasar varios ano da vida, nin que as vítimas do terrorismo non conten con apoio social ou institucional. Na carta, o único obxectivo que atopei foi o feito de que ambas as dúas familias están rotas. Hoxe en día os medios de comunicación e os poderes económicos e políticos dinnos o que está ben e o que está mal. Claro está que a realidade non é asi e, evidentemente, non reenviei a carta.
Renato Núñez
Quen nos di o que está ben ou mal?
Written By MpDC on 8/1/10 | 14:33
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario