O MpDC denuncia as cámaras de videovixilancia instaladas no Centro Informático Caixanova de Vigo
Written By MpDC on 11/1/10 | 12:55
O Movemento polo Dereitos Civís denunciará ao Centro Informático Caixanova de Vigo pola instalación de dúas cámaras de 360º, na parte superior do edificio.
O Movemento tivo coñecemento da presenza das cámaras a raíz da denuncia dun veciño, e procedeu a documentar graficamente, con varias fotografías, o emprazamento das mesmas. As imaxes demostran claramente que os dispositivos poden a gravar cun ángulo e alcance considerable a vía pública e vivendas particulares, polo tanto é necesario activar todos os procedementos que serven para garantir o dereito á intimidade dos veciños.
Desde o Movemento enviouse un escrito ao Centro Informático Caixanova solicitando permiso para comprobar in situ se a colocación das cámaras cumpre os requisitos da Lei Orgánica que regula a instalación de cámaras nos lugares públicos e que se axustan ao principio de proporcionalidade e que contan coa autorización da Delegación do Goberno. Ao non recibir resposta algunha, o MpDC vai denunciar ao Centro Informático Caixanova ante a Agencia Española de Protección de Datos para que dita Institución proceda a comprobar a legalidade de ditos artefactos de gravación.
Desde o MPDC defendemos que deben primar sempre os dereitos fundamentais á honra, á intimidade e á propia imaxe así como o resto dos dereitos recollidos na Constitución española. O carácter perigoso e limitativo de Dereitos deste tipo de medidas de seguridade figura expresamente recollido nos preámbulos da normativa vixente (LO 4/1997).
Ademais, o colectivo polos Dereitos Civís esixá que se remitan os informes nos que se baseou a o Centro Informático Caixnova para proceder á instalación de ditas cámaras e que se informe a esta parte sobre quen ten encomendada a custodia das imaxes, así como que mecanismos de control se prevén para garantir os Dereitos dos cidadáns. Neste sentido, o Movemento tamén solicita que se achegue a solicitude de autorización da instalación das cámaras nos exteriores do Centro Informático Caixanova á Delegación do Goberno.
O Movemento seguirá denunciando a todos aqueles organismos públicos e privados que recorran irresponsablemente á vídeo-vixilancia, danando e vulnerando os dereitos fundamentais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario