Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

ENGANCHADO

Written By MpDC on 16/1/10 | 11:00

Fai tres meses que comencei a colaborar nunha ONG por primeira vez. Concretamente, en Equus Zebra, en A Coruña, unha pequena organización que traballa pola integración das persoas inmigradas, das persoas en especial desventaxa social e polo desenvolvemento de países con escasez de recursos a través de diferentes accións e proxectos.

Teño que recoñecer que sempre tiven unha visión excéptica e pesimista da labor destas organizacións. Recoñecida, ademais. Vía demasiados erros no mundo como para non pensar o contrario e non creía que, salvo as grandes organizacións, que xa moven grandes presupostos, puideran facer outra cousa que un pouco de ruido para denunciar as múltiples inxusticias que se producen neste mundo cheo de persoas solitarias e egocéntricas. Porque non nos engañemos, os cartos móveno todo. Para ben ou para mal (máis ben para mal) pero os cartos están detráis de todo. Pero eso xa o saben.

Preguntáranse vostedes como me deu entón por decidirme a traballar en Equus. Curiosidade, nunha gran porcentaxe. Un motivo para reforzar o meu pesimismo ou ben para descubrir que estaba equivocado.

Como xa deducirán, e con razón, estaba equivocado. Non no referente á existencia de problemas no mundo, evidentemente. Nin ó de que os cartos o moven todo. Neso tampouco. Refírome á capacidade das pequenas organizacións.

É increíble que unha pequena organización como na que estou sexa capaz de repartir cada día comida para 200 familias coas doazóns que realizan diversas empresas, colexios, etc. Que se cheguen a repartir máis de 18 toneladas de alimentos neste último dous meses, que se recollan toneladas de roupa, mobles , electrodomésticos, etc. E todo isto gracias á esforzo do personal, dos voluntarios, das empresas colaboradoras, ás aportacións de socios…

Definitivamente creo que estas cousas vense, sobre todo, desde dentro. Cando se é partícipe das mesmas, sendo traballador, socio, voluntario ou o que sexa.

Compartir. Esa é a clave de todo. Tempo, cartos, roupa, mobles… O que sexa. Xenerosidade de persoas e empresas que, aínda que vostedes non o crean, tamén se benefician. Pregúntenlles, xa verán. Eu xa lle lo digo nestas liñas. E só levo tres meses. Imaxínense o que pensarei dentro duns anos. Pensarán que podo volver a estar equivocado. Pode ser, ou pode que no, como diría un bon galego. De momento estouno vivindo . E disfrutoo cada día.

Deberían probar. Engancha.


Anxo Cabana Fernández/Membro da ONG Equus Zebra

0 comentarios:

Publicar un comentario