O Movemento polos Dereitos Civís tenta executar a sentencia favorable que condena o Concello de Santiago, a habilitar na vía pública, en lugares frecuentados, soportes adecuados e en número suficiente para posibilitar a colocación de carteis ou anuncios, a pesar de todas as trabas postas por Bugallo.
O MpDC sempre obtivo apoio das institucións na súa loita para que o Concello Compostelá cumpra a Ordenanza Municipal de publicidade estática e dinámica. O Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Compostela, en setembro do 2008 ditou sentenza favorable á demanda presentada polo Movemento. Igualmente o Defensor del Pueblo, en novembro do 2009, solicitou ao Concello de Santiago a elaboración dun novo informe acerca do cumprimento efectivo da Ordenanza.
O Concello de Santiago aprobou a norma municipal o 25 de novembro de 2004, que no seu artigo 4, establece que: “O Concello habilitará na vía pública, en lugares frecuentados, soportes adecuados e en número suficiente para posibilitar a colocación de carteis ou anuncios. Ademais os promotores de obras habilitarán espazos específicos nos valados de protección das mesmas para a colocación de carteis ou anuncios. Estes espazos estarán perfectamente identificados e, en todo caso, deberán figurar en lugar visible o rótulo espazo destinado á comunicación social”.
O Concello de Santiago tenta xustificar a aplicación de dta ordenanza unicamente colocando paneis novos en zonas periféricas da cidade e lugares pouco transitados, case agochados poderíamos dicir, mentres que os existentes no centro son mínimos ou case nulos, co cal tampouco se está a cumprir a finalidade, que é a comunicación social. O Concello tampouco acredita o lugar de colocación dos 18 paneis informativos novos, simplemente di, que se aprobou en pleno a súa colocación, sen probar mediante ningún medio a súa instalación, e o que é máis importante, tampouco acredita que aumentara a súa instalación en lugares do centro da cidade compostelán. Ademais, sinalan que 2 dos 18, quedan sen instalar para poder utilizalos nos
supostos de deterioro ou substitución dos existentes, ó que da a pensar que algún dos instalados está moi deteriorado e aínda non se procedeu a súa substitución, polo que tampouco se está cumprindo a finalidade de dita Ordenanza.
Por outra banda o Movemento polos Dereitos Civís esixe de novo que o Concello santiagués cumpra co establecido no artigo 4 da súa propia ordenanza e obrigue ás empresas que realicen obras na cidade a que instalen un espazo nos seus paneis para que os cidadáns poidan colocar calquera elemento de comunicación social que consideren oportuno. Un exemplo recente de incumprimento deste artigo son as obras na sucursal da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos (Correo) na zona monumental da cidade compostelá, onde non existen espazos específicos nos valados de protección das mesmas para a colocación de carteis ou anuncios. Polo tanto dende o MpDC non cremos suficiente que o Concello de Santiago informe á Federación Galega da Construción do contido da citada Ordenanza, senón que o Concello terá que encargarse de facer cumprila mesma, de xeito que, no caso de que non se cumpra voluntariamente polo promotores das obras, debería obrigárselle a cumprir, incluso con apercibimento de imporlle multas administrativas.
Dende o Movemento entendemos pois, que esta Administración Local intenta dar a ver un cumprimento mínimo de dita Ordenanza, pretendendo dar por finalizado o tema, sen efectivamente dar cumprimento á mesma, nin preocuparse pola comunicación social, incumprindo e vulnerando o principio de boa fe procesual e máis o ben común.
Paneis suficientes?
A día de hoxe o Concello asegura ter instalados o suficiente número de paneis de libre expresión segundo recolle a Ordenanza Municipal de Publicidade Estática e Dinámica. Desde o Movemento lánzase a pregunta de se ao Concello lle parece 17 un número suficiente para dar cobertura ás necesidades sociais dunha cidade cunha poboación de 94.339 habitantes, como é o caso de Santiago.
Neste sentido, o Movemento contabilizou que existen 33 paneis para a comunicación social adquiridos polo Concello, se ben, só se coñece a ubicación de 17 deles. Ao colectivo éntralle a dúbida de saber que se está a facer cos restantes. Despois de oír a Bugallo relear tantas veces sobre o mesmo, o MpDC pregúntase para que o Concello no seu momento decidiu dotarse dunha normativa que favorece a comunicación cidadá e obriga a que as empresas de construción habiliten zonas para colocar carteis se logo afirma pouco máis que con un ben chega e que non sabe onde pór máis.
Bugallo négase a cumprir a Ordenanza Municipal de publicidade do Concello de Santiago
Written By MpDC on 14/1/10 | 12:09
Etiquetas:
Concello de Ares,
Concello de Santiago de Compostela,
Dereito á Liberdade de Expresión
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario