O Movemento polos Dereitos Civís critica o trato e a incompetencia amosada por Fenosa. Este trato foi gravado pola empresa e, despois de o MpDC moito relear, tales conversas foron finalmente ao afectado. Pódese comprobar como cincuenta familias recén instaladas nunha nova urbanización quedan sen luz pola noite, chaman a Fenosa para que o seu problema se solucione e podan voltar as súas casas con normalidade, pero en lugar de iso descobren que se atopan nunha especie de oco legal. Pola mañá, a empresa Unión Fenosa instaloulles os contadores, como é normal e sen mostrar presa díxolles que formalizaran o contrato, pero o problema é que supostamente usan a luz de obra debido a que as vivendas aínda non están recepcionadas logo dunha mala xestión do promotor.
Fenosa, en lugar de buscar solucións e devolverlle a luz ás familias, aínda que sexa temporalmente para que non pasen a noite as escuras, líanse pedindo datos e xustificando que o corte de luz sigue o protocolo da empresa,segundo palabras duns dos traballadores “ la compañía no se hace responsable, en absoluto, ni garantiza que el suministro vaya (…) la compañía esta actuando con el protocolo que tiene para este tipo de desarollos”.
Ante a impotencia de escoitar como a empresa eléctrica non fai nada por arranxar o problema e limitase unicamente a xustificar a súa incapacidade para devolverlle a luz as familias, o interlocutor, pregúntalle ao teleoperador como pode conseguir unha copia da conversación, para ter constancia da incapacidade de actuación que ten a empresa ante un problema que deixa sen luz a 50 familias, ao que o traballador responde “personalmente no lo se”. O afectado ante semellante resposta solicita falar cun superior, cando a vai ser remitido ao un responsábel a chamada cortase misteriosamente.
O afectado repite a chamada a centraliña de Unión Fenosa e xa van tres, e vólvelle solicitar a operadora información de cómo pode conseguir unha copia da conversación anterior. A traballadora respóndelle “por escrito” sen especificar máis e ante a insistencia por saber como ten que facer para conseguila, a teleoperadora contéstalle: “a mí me habla en español, si no le importa, porque yo soy española, ¿de acuerdo? Muy amable” e ante a explicación de que leva todo o tempo empregando a lingua galega sen ningún problema a interlocutora dille “Me habla en castellano o acabamos la conversación”.
O MpDC sorpréndese pola mala educación amosada pola teleoperadora que, véndose atacada pola pregunta de como facer para ter acceso a gravación da conversación, responde esixindo que o interlocutor falase castelán. A traballadora está no seu dereito de non ter coñecemento da nosa lingua, se ben desde o Movemento consideramos que de ser así podería ter advertido dende un comezo o seu descoñecemento do galego e non esixir o cambio de lingua por parte do interlocutor cando levan falando 6 minutos, ela en castelán e el en galego sen ningún problema de comprensión por ambas as dúas partes. Hai que ter en conta que Unión Fenosa con fondas raíces galegas e son galegos a maioría dos seus usuarios, polo tanto debería ter coidado e prestar atención a que os seus traballadores non ofendan clientes.
Desde o Movemento polos Dereitos Civís queremos recordar que foi necesario un ano de papeleo e o apoio da Agencia Española de Protección de Datos para conseguir estas gravacións que en un primeiro momento Unión Fenosa negou facilitar, aínda estaren obrigados por lei. Lamentamos unha vez máis a desprotección do cliente ante as grandes empresas, que aproveitándose do descoñecemento da lei pola maioría da pobación pretenden vulnerar os seus dereitos.
O MpDC critica duramente a actitude tomada polos responsables de Unión Fenosa, tanto ante a chamada como despois a hora de facilitar as conversas. Non sabemos porque tanto interese en non querer facilitar as conversacións mantidas cos seus traballadores, cando saben perfectamente que a AEPD obrígalles a facilitalas.
O MpDC amosa a súa máis profunda indignación con Unión Fenosa
Written By MpDC on 1/12/09 | 16:26
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
todo isto explícase (que non enténdese) tendo en conta que todos os que forman parte da cadea de unión fenosa son subcontratas. Os que poñen os contadores son uns. Os que teñen que quitar a luz de obra e dar a definitiva outros. Os que fan os contratos outros. Os que atenden ao teléfono outros.... e así todos
Uns e outros viven do papeleo. Hai que ter un papel pra facer o chollo e cobralo. Se a cadea falla quedas sen luz
Publicar un comentario