Hoxe ás 20:00 horas no Club Internacional de Prensa, en Compostela, terá lugar a mesa redonda sobre a videovixilancia que organiza o Movemento polos Dereitos Civís.
A dita mesa estará composta pola portavoz de Xustiza e Igualdade do Grupo Parlamentario Popular, Paula Prado, a súa homóloga polo Grupo Socialista, Beatriz Sestayo e a portavoz do BNG na comisión de Xustiza do Parlamento, Tareixa Paz, ademais da asesora xurídica do Movemento polos Dereitos Civís, Eva Vales.
Desde o Movemento convídase as responsábeis de Xustiza dos tres grupos políticos maioritarios no país e á sociedade en xeral a que este tema sexa tratado, falado e debatido para que a información a este respecto se mova e circule entre a cidadanía, para que esta coñeza os seus dereitos e saiba como actuar en casos de vulneración dos mesmos.
Dado que a videovixilancia é unha grande descoñecida para a sociedade e, contra o que se podería pensar, parece que tamén o é para as institucións públicas e privadas que instalan cámaras en espazos públicos.
É sabida a longa traxectoria do MpDC no que respecta á vídeovixilancia. Son numerosas as accións legais emprendidas polo colectivo contra diversas administracións e empresas privadas que coartan sen ningún tipo de reparo os dereitos das persoas. Tamén en
múltiples ocasións foron e son moitos os recuros presentados pola asociación contra resolucións das administracións de Xustiza contrarias á cidadanía e favorábeis ás institucións.
Este encontro sobre a videovixilancia ten entrada libre e de balde, ao igual cá conferencia que ás seis da tarde pronunciarán as avogadas Begoña Ares e Eva Vales na Galería Sargadelos.
O MpDC reúne os tres gurpos parlamentares para falar sobre a videovixilancia
Written By MpDC on 22/12/09 | 13:21
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario