O Movemento polos Dereitos Civís vén de interpór un recurso contencioso-administrativo contra a vía de feito empregada polo Concello do Grobe contra o Club de Piragüismo O Grobe. A orde de abandonar o pavillón municipal efectuada polo conserxe do recinto roza xa o absurdo. Desde o MpDC lémbrase que o Club deportivo ten toda a documentación en regra e cada vez se ve máis ás claras que é a do Concello
No mes de agosto de 2008, membros do Club Piragüismo Ogrobe atopábanse dentro do pavillón de deportes náuticos da localidade cando o conserxe do dito recito, “sen motivo ningún” os informa de que ten orde de que retiren as piraguas, pás e outras ferramentas e apeiros deportivos das referidas instalacións. Ademais, o bedel ameazou, segundo os deportistas, con que se non retiraban os efectos el mesmo o faría pola súa conta e as poría na rúa, así como substituiría o bombín da pechadura, da cal o Club ten chave desde 1998. Tal e como informan desde a asociación deportiva grobense, todas as ordes anteriores viñan do concelleiro de Deportes Alfredo Bea García.
Tendo o Club diversas piraguas no espazo que ten asignado en tal pavillón, os feitos da presente denuncia lévanse a cabo sen resolverse o procedemento administrativo que hai en curso en relación coa expulsión do Redim e coa recusación do dito concelleiro, quen afirmou que el era o concelleiro e polo tanto tiña potestade “para expulsar cando e a quen lle dese a gana”.
O MpDC quere deixar constancia de que o concelleiro en cuestión carece de lexitimidade para dinamitar a expulsión do dito clube de piragüismo das instalacións deportivas municipais, ben servizo público. Neste sentido, o Club dispón dunha autorización para o uso do pavillón case desde a súa inauguración, arredor do ano 1998. Para que o uso que puidese facer a asociación deportiva fose diferente tería que ser o pleno da corporación o que elaborase unhas novas directrices e pautas de utilización desta instalación municipal.
O Concello do Grobe vulnera sistematicamente a legalidade
O Movemento polos Dereitos Civís solicitou, no seu momento, ao Concello do Grobe a nulidade de pleno dereito da resolución municipal que acorda dar de baixa no REDIM o Club de Piragüismo Ogrobe por non ter presentado certa documentación esixida que non está prevista na lexislación imperante na materia. Ademais, o colectivo pide que se se estimen as alegacións interpostas polo presidente do clube de piragüismo, Filipe Besada, en representación do mesmo.
Este recurso de reposición presentado no Concello polo Movemento contra a baixa do Rexistro de Entidades de Interese Municipal (REDIM) acordada o 7 de maio polo Xunta de Goberno Local do Concello do Grove, é un paso previo a acudir a vía contencioso-administrativa segundo afirmou no seu momento o responsábel da asociación deportiva.
Os feitos remóntanse a decembro de 2008, cando a asociación Club Piragüismo Ogrobe presentou por escrito toda a documentación requerida e correspondente ao regulamento orgánico do Concello do Grobe para cumprir o trámite preciso para a renovación anual da inscrición das entidades deportivas no Rexistro de Entidades de Interese Municipal.
Ademais, vemos como quebra o principio de boa fe que debe marcar a actuación administrativa, xa que a esixencia de tal documentación e a traxectoria da asociación, que leva inscrita no Rexistro desde o 1997 e realizando cumpridamente os trámites cada ano sen ningún problema fan sospeitar da finalidade que pode perseguir o Concello, para que non sexa partícipe das subvencións ás que teñen dereito as entidades inscritas no mesmo.
O MpDC interpón un recurso contra a o Concello do Grobe por este vulnerar novamente a legalidade
Written By MpDC on 6/11/09 | 10:06
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario