Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC interpón un novo recurso contencioso ao concello do Grobe

Written By MpDC on 10/11/09 | 13:54


O Movemento polos Dereitos Civís vén de interpór un recurso contencioso administativo contra o Concello do Grobe pola presunta desestimación por silenzo administrativo do recurso de reposición presentado no seu momento polo Club de Piragüismo Ogrobe.

Con data 12 de xuño de 2009, o Club de Piragüismo Ogrobe presentou recurso de reposición contra a resolución na que o Concello do Grobe dá de baixa no REDIM ao dito clube por entender tal colectivo que a mesma non se axusta a Dereito.

Os antecedentes

O Movemento polos Dereitos Civís solicitou, no seu momento, ao Concello do Grobe a nulidade de pleno dereito da resolución municipal que acorda dar de baixa no REDIM o Club de Piragüismo Ogrobe por non ter presentado certa documentación esixida que non está prevista na lexislación imperante na materia. Ademais, o colectivo pide que se se estimen as alegacións interpostas polo presidente do clube de piragüismo, Filipe Besada, en representación do mesmo.

Os feitos remóntanse a decembro de 2008, cando a asociación Club Piragüismo Ogrobe presentou por escrito toda a documentación requerida e correspondente ao regulamento orgánico do Concello do Grobe para cumprir o trámite preciso para a renovación anual da inscrición das entidades deportivas no Rexistro de Entidades de Interese Municipal.

Ademais, vemos como quebra o principio de boa fe que debe marcar a actuación administrativa, xa que a esixencia de tal documentación e a traxectoria da asociación, que leva inscrita no Rexistro desde o 1997 e realizando cumpridamente os trámites cada ano sen ningún problema fan sospeitar da finalidade que pode perseguir o Concello, para que non sexa partícipe das subvencións ás que teñen dereito as entidades inscritas no mesmo.

0 comentarios:

Publicar un comentario