Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC considera que o Supremo e o Defensor del Pueblo baleiran de contido o artigo 18 da Constitución

Written By MpDC on 19/11/09 | 17:03

O Defensor del pueblo vén de informar que avala o uso de SITEL logo de que, por iniciativa do MpDC, varios cidadáns se dirixisen a el. Para o Movemento tal afirmación resulta aberrante nun Estado de Dereito e vulnera de xeito descarado o artigo 18 da Constitución, aquel que se refire á intimidade, honra e propia imaxe das persoas.

Neste sentido, o MpDC expresa a súa total oposición ao sitema SITEL en canto a que a admisión do mesmo supón de facto a supresión da intimidade como un dos dereitos máis fundamentais recollidos na propia Constitución, susceptibles de amparo constitucional.

Por iso esta asociación, e na procura do respecto ós dereitos dos cidadáns, amosa a súa disconformidade coa actitude do Denfensor del Pueblo e do Tribunal Supremo, pois este sistema non deixa de violar e atentar contra a privacidade dos cidadáns ao almacenar datos coma a situación xeográfica, empregándose fóra do control xudicial, para realizar tarefas de espionaxe político, como foi no caso das escoitas do CESID, cando funcionarios da Ertzaintza gravaron en 1986 conversas do entonces Lehendakari Carlos Garaikoetxea.

En canto a que sucede cos datos que se envían ao xulgado, en ningún caso se especifica como se seleccionan nin quen serán os axentes con capacidade para levalo a cabo e o máis importante é o que sucede cos datos que son descartados, a onde van parar. O que está claro é que en ningún momento se define como se leva a cabo o control sobre as interceptacións e de que maneira se exerce, cando se debería asegurar que só se intercepten aquelas conversas que o xuíz acorde no eido dunha investigación xudicial.

Para xustificar a súa decisión, Múgica considera que no caso de SITEL resulta idóneo o actual marco regulador, centrado no estrito respecto ao establecido pola Ley de Enjuiciamiento Criminal, que dispón como esencial o requisito xeral de autorización xudicial como instrumento de partida que fai posible a interceptación das comunicacións. E tampouco aprecia irregularidade algunha na actuación da Administración que xustifique continuar as investigacións iniciadas con ocasión do escrito de queixa presentado polo Movemento.

Neste sentido, o MpDC non sae do seu asombro tendo que afrontar estas declaracións de quen se di ser Defensor del Pueblo. A asociación lembra que non se opóndo o Defensor a esta vulneración dos dereitos civís que supón o uso do programa de comunicacións SITEL se está a violar un dos dereitos fundamentais recollido na Constitución. Ademais, o colectivo critica o feito de Enrique Múgica dicir que non aprecia irregularidade algunha na actuación da Administración.

No seu escrito, o Defensor afirma que se seguen as garantías previstas para asegurar o respecto ao contido dos artigos 18.3 e 55.2 da Constitución, referidos ao segredo das comunicacións e á determinación das necesarias medidas de control xudicial e parlamentario respectivamente, así como o cumprimento de 10 previsto no articulo 579 da Lei de Enjuiciamiento Criminal (LECrim), a Lei Orgánica 2/2002, de 6 de maio, reguladora do control xudicial previo do Centro Nacional de Intelixencia e outras normas de similar rango.

O MpDC asegura que de ningún xeito se garante o cumprimento deses artigos e critica, unha vez máis, a desidia con que resolve o Defensor, colocándose sempre de lado das institucións e lonxe da cidadanía, que debe ser a súa máxima prioridade.

O Supremo, tamén a favor do SITEL e contra a cidadanía

Pola súa banda, e segundo recolle o xornal La Vanguardia, o Tribunal Supremo avala tamén a constitucionalidade do sistema de escoitas SITEL e considera ademais que esta tecnoloxía "é preferible aos modos de intervención anteriores á súa implantación".
Para iso, o alto tribunal alude a varias resolucións anteriores nas que se recoñece igualmente a legalidade do sistema SITEL, como unha ditada o 6 de xullo na que se fixaba o protocolo que seguir cando se solicita a intervención telefónica como medio excepcional de investigación.

Nela, o Supremo insiste en que a actual Lei de Enjuiciamiento Criminal "complementada coa doutrina desta sala e do Tribunal Constitucional, permite o eficaz control xudicial necesario nunha sociedade democrática" desde a esixencia do propio Convenio Europeo de Dereitos Humanos.

Os antecedentes

No seu momento, o Movemento polos Dereitos Civís presentou no seu momento un escrito ante o Defensor del Pueblo para que investigase o progmama de comuniacións SITEL por entender o colectivo que constitúe unha vulneración do dereito á intimidade das persoas.

O Sistema Integrado de Interceptación de Telecomunicacións é un sistema informático integrado de interceptación legal de telecomunicacións de ámbito nacional e utilización conxunta polas Direccións Xerais de Policía e Garda Civil, con dous centros de monitorización e as súas redes asociadas e terminais remotos cunha dotación de 1.803.030 euros.

O programa SITEL permite ao Corpo Nacional de Policía e á Garda Civil intervir as conversacións telefónicas sen necesidade de acudir co mandamento xudicial ás compañías de teléfonos, como viñan facendo ata agora. Os axentes disporán en tempo real e a través do computador de toda a información dixital que procesa unha chamada por teléfono. Deste xeito, terán acceso á conversación mentres na pantalla aparece o número e a identidade do comunicante co que fala o picado, así como o lugar case exacto desde onde ambos están falando, a compañía da que son usuarios e o tipo de contrato que posúen.

Este sistema de escoitas e localización de teléfonos móbiles foi posto en funcionamento por Interior, cunha base legal nun regulamento do Ministerio de Industria e non nunha lei orgánica, como debese ser, ao tratarse dun tema que afecta directamente ás liberdades.

A lei di que os operadores deberán adoptar as medidas técnicas e de xestión adecuadas para preservar a seguridade na explotación da súa rede ou na prestación dos seus servizos, para garantir os niveis de protección dos datos de carácter persoal establecidos neste Regulamento (Real Decreto 424/2005, de 15 de abril, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas, o servizo universal e a protección dos usuarios) e demais normativa aplicable.

A respecto deses dereitos é que se preocupa o MpDC, unha vez máis saíndo na defensa dos intereses da cidadanía e pondo de manifesto que as insitutucións non deixan de sorprender á hora de desdentendere das súas funcións, como atender aos dereitos da sociedade. Programas como o SITEL van contra eses dereitos e novamente pide que se abra unha investigación para esclarecer os motivos que levaron á posta en práctica deste sistema ademais de para que se aclare a legalidade do mesmo.

SITEL e Pepe Blanco

Renato Núñez, portavoz do Movemento polos Dereitos Civís, mostrou a súa indignación polas declaración realizadas por Pepe Blanco, Vicesecretario Xeral do PSOE, onde afirmaba que só a Batasuna e ao Partido Popular lles preocupa SITEL. Tamén ás asociación de dereitos civís e á de internautas lles preocupa SITEL. Lembra que "o Defensor del Pueblo e a Axencia Española de Protección de Datos abriron investigacións que están en curso por iniciativa desas asociacións"

A legalidade de SITEL queda claramente en entredito cando o Fiscal de Madrid avisa de que os datos de Sitel non sirven como proba xudicial, o número dous do CXPX e o CXPX non "avalan ni valoran a constitucionalidade deste sistema", e o xuíces dín non coñecer a existencia de SITEL.

Tamén recorda que organización de dereitos civís e sociais levan anos denunciando que se realizan escoitas ilegais por parte dos corpos de seguridade do estado e durante anos se afirmaron que eran lendas urbanas e conspiranoia.

0 comentarios:

Publicar un comentario