O Movemento polos Dereitos Civís critica a actitude do xerente do consorcio de traballadores de Servizos de I+B na reunión que mantiveron onte e onde pretendía impor a realización de servizos mínimos os seus traballadores.
Desde o MpDC recordamos que todas as e os traballadores teñen dereito a secundar unha folga sen ningún tipo de coacción ou imposición por parte das administracións e/ou empresas. Neste caso o Consorcio presidido pola Consellería de Traballo pretende sabotar unha folga convocada poara o 24 de novembro obrigando os traballadores a manter uns servizos mínimos, cando o Consorcio Galego de Servizos de I+B legalmente non ten que verse na obriga de manter tales servizos.
Para máis ver, o colectivo expresa a súa solidariedade coas e cos traballadores do Consorcio, xa que están sendo privados dun dereito fundamental como é o dereito a folga. Lembramos que sempre que unha folga se leve a cabo baixo os puntos previstos polo decreto lei atópase lexitimada, como é o caso que nos ocupa.
O MpDC denuncia a actitude do goberno galego ao privar as persoas de exerceren os seus dereitos e pide que rectifique diante dunha agresión das liberdades como é a que vén de provocar. Coas medidas anunciadas polo xerente do Consorcio preto dun 50 por cento do cadro de persoal non podería secundar a folga.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario