Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC alerta ao Valedor do Pobo da vulneración dos dereitos dos traballadores por parte de Correos

Written By MpDC on 27/11/09 | 13:19


Nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo dous traballadores da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A foron designados membros da mesa electoral correspondente no Centro de Tratamento Automatizado de Correos en Lavacolla (Santiago de Compostela). Neste sentido, o colectivo pide ao Valedor do Pobo que medie para que os traballadores vexan, por fin, reoñecidos os seus dereitos.

Segundo a lexislación vixente do Réxime Electoral Xeral, estes traballadores teñen dereito a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior á de votación.

Ao respecto, o MpDC alerta ao Valedor do Pobo de que aos traballadores anteriormente nomeados lles foi denegado tal dereito de redución de xornada a pesar de llo ter solicitado ao responsábel da súa quenda de traballo.

Debemos recordar que a participación nunha mesa electoral é unha das obrigas da cidadanía, por iso a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A debe que respetar o dereito dos seus traballadores a reducir a súa xornada laboral en cinco horas, dado que o seu traballo no día anterior responde a unha obriga e a súa falta é penada.

O Movemento ve este feito como unha redución dos dereitos máis fundamentais no eido laboral xa que a dita anomalía xa se dera en anteriores procesos electorais e a Confederación Intersindical Galega (CIG) xa denunciara os mesmos feitos tanto ante a Delegación do Goberno como ante a dirección de Recursos Humanos da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A., como ante a Xunta Electoral Central, sen que por parte de ningún organismo se tomasen medidas ao respecto.

Ante a despreocupación que amosan as autoridades pertinentes sobre este tema e ao pouco interese que teñen en que se cumplan os dereitos dos traballadores o MpDC solicita ao Valedor do Pobo que teña por presentado este escrito, o admita e lembre a obriga da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A. a conceder aos traballadores afectados o permiso antes mencionado en base ao recollido na normativa vixente.

Asimesmo, desde o colectivo solicítase igualmente ao Valedor que medie ante a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A, para que se lles compense o período de tempo deixado de gozar na xornada posterior ás eleccións ao Parlamento Europeo, con horas correspondentes ou cunha compensación económica.

0 comentarios:

Publicar un comentario