"O Movemento polos Dereitos Civís presentou o seu informe 2008, que constitúe a sexta edición deste resumo de seleccionados artigos de opinión e fondos traballos sobre os dereitos. Inclúe unha enquisa sobre os Corpos e Forzas de Seguridade.
Para o colectivo, aquelas actuacións máis criticadas en 2008 foron as cargas policiais, as vulneracións do dereito de igualdade ante a lei e as sufridas no que atinxe ao dereito de honra, intimidade e propia imaxe. No que respecta ao maior número de recursos presentados polo MpDC, o Concello do Grobe, a Delegación do Goberno e a Agencia Española de Protección de Datos foron as que concentraron un maior volume de escritos da asesoría xurídica da asociación.
Destacan as cargas e actuación policiais que '6 de cada 10 galegos consideran desproporcionadas', cargas exemplificadas contra as traballadores da limpeza de Pontevedra, os mariscadores do Burgo (que contaban con autorización da Delegación do Goberno para a manifestación) os veciños que protestaban contra a ampliación da área de seguridade da Brilat de Figueirido, os estudantes contrarios ao Plan Bolonia e contra cidadáns defendían o galego na Coruña, entre outras.
Por outro lado estas cargas van acompañadas, 'cada vez máis, de xuizos rápidos' nos que os corpos de seguridade 'buscan conseguir unha sentenza antes de seren denunciados polos manifestantes'. Neste sentido, o MpDC lembra que, ademais, o 54% dos galegos consideran que a Xustiza non é imparcial e favorece aos funcionarios policiais neses casos.
Desde o MpDC quixeron chamar a atención de que 'a Delegación do Goberno non se cuestiona en ningún caso a actuación policial', incluso no caso da carga de Vigo no que os axentes denunciaron aso manifestantes por agresión pero non foron capaces de identificar ao ferido. Nalgún caso a Delegación negou a carga afirmando que 'algunha señora se viu afectadas polo empurróns própios das manifestación' referíndose a unhas manifestantes feridas.
Neste sentido o MpDC lembrou que xa realizou unha proposta de Axencia para controlar as acutacións policiais e lamentou a nula utilidade Consello Autonómico de Seguridade cidadán que non foi convocado desde a súa constitución, aínda cando temos o Xacobeo a poucos meses.
Igualdade perante a lei
Aos ollos do Movemento, este punto 'é especialmente conflictivo' pola presunción veracidade das declaracións dos Corpos e Forzas de Seguridade. Na conferencia de prensa, os representantes do colectivo lembaron o caso dun profesor de Ortigueira que foi denunciado por un garda civil aínda cando este foi advertido polos viandantes de que a súa actuación era incorrecta.
Ademais, o 56,8% dos galegos consideran que a Xustiza favorece aos políticos e ás administracións e esa é a impresión que deixa a denuncia contra Paco Vázquez por non acatar as sentenzas que obrigan a utilizar o topónimo oficial de A Coruña.
Honra, intimidade e imaxe
'O avance da videovixilancia sin control', a saturación da Axencia Española de Protección de Datos e falta de interese da Delegación do Gobenro en cumprir a normativa vixente agravan a situación dese dereito, informou o MpDC.
No 2008 o Movemento demandou á Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, o Concello de Lugo, ao Concello do Grobe, ao Concello de Ares e gañou unha sentenza contra o de Compostela que ordena a retirada das cámaras ilegais da zona vella da cidade."
GZnacion.com. O 57 por cento dos galegos cre que a Xustiza favorece aos políticos e ás administracións. Avanzando as noticias de Galiza.:
GZnacion.com: O 57 por cento dos galegos cre que a Xustiza favorece aos políticos e ás administracións. Avanzando as noticias de Galiza.
Written By Virgulino on 19/11/09 | 11:00
Etiquetas:
Administración de Xustiza,
AGPD,
Concello da Coruña,
Concello de Ares,
Concello de Lugo,
Concello de Ourense,
Concello de Pontevedra,
concello de vedra,
concello do grove,
Dereito das Persoas,
Dereito de reunión e manifestación,
dereitos dos traballadores,
O MpDC na Prensa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario