Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís indignado polas declaracións de Pepe Blanco sobre SITEL

Written By Virgulino on 8/11/09 | 17:38

Afirmar que SITEL só lle preocupa a Batasuna e ao Partido Popular é unha grande mentira
Pepe Blanco busca xustificar a vulneración dos dereitos dos cidadáns desviando a atención da cidadanía

Renato Núñez, portavoz do Movemento polos Dereitos Civís, mostrou a súa indignación polas declaración realizadas por Pepe Blanco, Vicesecretario Xeral do PSOE, onde afirmaba que só a Batasuna e ao Partido Popular lles preocupa SITEL. Tamén ás asociación de dereitos civís e á de internautas lles preocupa SITEL. Lembra que "o Defensor del Pueblo e a Axencia Española de Protección de Datos abriron investigacións que están en curso por iniciativa desas asociacións"

A legalidade de SITEL queda claramente en entredito cando o Fiscal de Madrid avisa de que os datos de Sitel non sirven como proba xudicial, o número dous do CXPX e o CXPX non "avalan ni valoran a constitucionalidade deste sistema", e o xuíces dín non coñecer a existencia de SITEL.

Tamén recorda que organización de dereitos civís e sociais levan anos denunciando que se realizan escoitas ilegais por parte dos corpos de seguridade do estado e durante anos se afirmaron que eran lendas urbanas e conspiranoia.

Lamentablemente, ata que o Partido Popular (quen pensaba beneficiarse de SITEL nun principio) non viu como o seu proxecto se estaba utilizando para destapar casos de corrupción, non se tomou en serio a existencia dese dispositivo ilegal.

O MpDC quere lem brar que, supostamente, vivimos nun Estado de Dereito e non se pode vulnerar os dereitos dos cidadáns en base a que só lles molesta ao Partido Popular e a Batasuna, aínda cando iso fose verdade. Si ao final se anulan centenares de procesos xudiciais é por culpa do PP (que ideou SITEL) e do PSOE (que o utilizou sistemáticamente) pasando por riba da Constitucións, das Leis e do Estado de Dereito.

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

2 comentarios:

andresrguez dijo...

O SITEL, tamén serviu para provocala detención de narcos e de políticos corruptos na Gürtell e diversas

Ademáis, de que o SITEL só pódese ser empregado baixo orde xudicial e só o xuíz ten acceso a información recollida polo SITEL

Virgulino dijo...

Pois resulta curioso que o fiscal de madrid e varios xuices digan que non teñen validez esas gravacións ou que non coñece a existencia de SITEL. Como poden autorizae entón as gravacións?

Publicar un comentario