Sinceramente, quería que este artigo presentara algunhas das historias que sufre o pobo palestino diariamente, xa que non se comentan con frecuencia, deixándoas no esquecemento. Pero dado que son interminables tanto como a interminable vexación sionista que se expande como un virus pola terra das oliveiras, gustaríame aproveitar a oportunidade de contar a miña experiencia cando intentei volver a Palestina este verán e facer unha protesta pública ao goberno español por ter uns perfís tan competentes na embaixada española en Tel Aviv e no Consulado español en Xerusalén.
Quizais o 13 de agosto foi o día máis infernal que poda recordar, íamos no bus, unha monxa de orixe libanés que levaba o pasaporte do Vaticano, dous rapaces co pasaporte italiano pero que falaban outro idioma (penso que era eslavo), un americano que levaba aos seus netos coa esperanza de conectar coas súas terras de orixe xa arrebatadas, un grupo de amigos franceses que se lles quitou o entusiasmo de chegar a terra santa en canto lles invadiron de preguntas e eu.
Chegamos ao paso fronteirizo da ponte Allenby despois de facerlle unha inspección ao bus, a miña chegada foi recibida cun “¿QUÉ TAL?” (con acento arxentino), un rapaz que non chegaba aos 17 anos miraba os pasaportes e mandábache aos postos de control de pasaportes.
Deixaron pasar sen interrogar aos dous rapaces italianos e á monxa, os demais tivemos que esperar, ao cabo de 3 horas deixaron pasar aos meus compañeiros, e a min leváronme a unha sala baleira con dúas cámaras de vixilancia, a bruxa da señorita gó- tica israelí máis eu comezamos unha conversación que se estivéramos situadas noutros espazos e tempos acabaría como o Presin Cats.
En canto se decatou que ía ver uns amigos e que me quedaría na casa de Marí (unha amiga lucense) durante dous días, empezou a berrar histericamente acusándoa de ser terrorista despois de preguntarme pola cor do seu pelo, os seus ollos e estatura.. a verdade é que non sabía que ser baixiña e morena eran as características do perfil terrorista.. Vaia!! Farta das súas pregunta e o seu modo histérico de berrar decidín non contestar máis e que só falaría cunha persoa máis respectuosa e de fala hispana, a tipa se largou cun NON rotundo e bateu a porta de tal maneira que podía destruír o muro da vergoña, deixando o meu
destino polo aire.
Chamei desesperadamente á embaixada española en Tel Aviv, saíume unha voz de máquina dándome unhas instrucións por se me atopaba nun caso de emerxencia, “Se se atopa ferido pulse 1, se se atopa morto pulse 2, se foi detido pulse 3, se …”. O final conseguín falar cunha persoa de carne e óso do Consulado español en Xerusalén, o tipo intentaba calmarme dicindo que eles non podían facer nada, que era frecuente e: “paciencia, paciencia hija!!” Eu ría por non chorar, ata que chegou un americano arqueólogo de case 60 anos cunhas pintas de hippie auténtico que botaba pestes e non cesaba de insultar aos israelís que lle acompañaban.
Polo menos deulle un aire de paz e amor a ese calvario que estábamos vivindo, tornábamos en busca de café e ir ao baño, xa que a porta só se abría por dentro para saír e necesitaba unha tarxetiña para entrar. As risas e o intercambio arqueolóxico remataron en canto nos levaron fora, acercáronse dous armarios israelís coas maletas do meu amigo e o levaron á porta da entrada, nunca souben se logrou entrar en Palestina. A min leváronme a outra sala e dixéronme que esperara, pero a miña paciencia estallou e me dirixín
ao portelo onde devolvían os pasaportes, para reclamar un pouco de respecto, preguntáronme polo meu nome, entón a señora dixo con toda a frialdade do mundo: “Aaaah, Laila! Ti voltas a Xordania!”.
Nese momento sí que perdín os nervios e me vin envolta noutro semi-pressing catch máis forte, sorte tivo a tipa que estaba tras unha ventá (agora que o penso, sorte para min)… Acusoume de ser terrorista por ter unha amiga problemática que estaba en busca e captura, eu dinlle a entender que por lóxica e usando un pouquiño máis a cabeza podían deixarme entrar, seguirme e capturar a miña amiga, pois pechou a ventá nos meus morros eu abrina outra vez e pregunteille cando ían devolverme, ella sorriu e dixo que aínda non pecharon.
Levaba dende as 11:30 da mañá neste inferno, as 10:30 da noite leváronme fora e deixáronme en mans de dúas funcionarias do sionismo e un soldado israelí que estaban contaminando coas súas gargalladas carecentes de sentimentos o aire que chega aos pulmóns palestinos. Para rematar a gran obra sionista, sen darme conta, o soldado israelí dirixiuse a min coa intención errada de rozar a miña espalda coa metralleta. Ese día dinme conta que se ver un amigo é ser terrorista, volver a abrazar unha futura mamá é ser terrorista, compartir sorrisos é ser terrorista e volver a tomar unha cunca de té coa familia que nos acolleu cos brazos abertos é ser terrorista, entón en qué se converten os amantes da paz, da igualdade e da liberdade? Eu tamén quero ser terrorista.
Laila Quintela / Membro de Galiza por Palestina
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario