A demanda do ensino do galego é fundamental para a minoría galego-berciana. Lembramos que o galego se fala pero que non se sabe escribir polo descoñecemento da correspondente norma gramatical. A pesar de certos medos a que dita norma rematase co galego dialectal do Bierzo, nesta rexión estremeira o debate sobre a creación dunha norma galego- berciana non se concretou, todo o contrario que en Navia-Eo.
O ensino voluntario do galego nos centros escolares esixíu moito esforzó e tivo moitas promesas políticas incumpridas. Houbo que agardar máis dunha década, ata o ano 2001, para que a Junta de Cascabo unha mínima normalización lingüística. Así pois, estas carencias dos concellos só poden ser compensadas polo Consello Comarcal do Bierzo, mediante a creación dun Servizo Lingüístico Berciano.
Recoñecido no Estatuto Mediante Lei de Cortes de Castela e León se creou, en 1991, a Comarca do Bierzo, institución para o exercicio da autonomía territorial. Dende logo o contido desta Lei ten graves carencias, caso do esquecemento da referencia á lingua galega.
Neste sentido lembramos que o galego non tivo recoñecemento legal ata a aprobación do Estatuto de Autonomía de Castela e León de 1999, “gozarán de respecto e protección a lingua tela e León ofertase a materia de galego. Hoxe segue a haber graves dificultades na súa execución. Temos centros sen a materia de galego (A Veiga de Valcarce, Carracedelo, Quilous, Fabeiro…), tampouco se garantiza a continuidade do seu estudo en todos os ciclos escolares, non se oferta en todos os niveis (universidade, Uned, ensino adultos…), e atopamos problemas coa obtención dos correspondentes títulos Celga.
No eido das administracióis públicas, o galego non ten presenza institucional. Os bercianos galego-falantes entran nos concellos pero o seu idioma non consta como tal na documentación administrativa. Os concellos rurais non teñen recursos materiais, económicos nin persoais para levar a galega nos lugares en que habitualmente se utilice”.
Pero agora está cercana a reforma da vixente Lei da Comarca, o que sen dúbida permitirá o recoñecemento expreso do galego, e o seu uso institucional. O galego poderá ter un uso administrativo parcial, pois non ten declaración de oficialidade en Castela e León. Ese futuro Servizo Lingüístico Berciano que se demanda apoiará o uso institucional do galego polos concellos (documentación bilingüe, ordenanzas, cartelería, sinais, páxinas web…).
Tamén promocionará a utilización desta lingua entre a cidadanía mediante as asociacióis culturais, comunidades escolares e demais. Resulta fundamental o seu protagonismo no ensino non regrado.
Xabier Lago Mestre, membro de Fala Ceibe
Resistencia lingüística no Bierzo
Written By MpDC on 24/10/09 | 8:50
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario