A Agencia Española de Protección de Datos vén de informar ao Movemento polos Dereitos Civís da súa resolución favorábel ao colectivo no que respecta ás cámaras de vídeo vixilancia instaladas no colexio San Xosé Obreiro de Arteixo. Se ben a resolución non é só beneficiosa para o MpDC senón que máis que nada o é para a cidadanía, que ve deste xeito salvagardados os seus dereitos.
A AEPD iniciara recentemente os trámites para declarar a Consellaría de Educación como culpábel de infrinxir, “gravemente”, a lei de Protección de Datos, a respecto das cámaras do colexio San Xosé Obreiro de Arteixo. Ademais, a Agencia require á Xunta que adopte as medidas necesarias que impidan que nun futuro poida producirse unha nova infracción da normativa. Se esta resolución foi posíbel é grazas ao incansábel traballo do MpDC, que no seu momento denunciou os dispositivos.
Se nun primiro momento a Agencia se posicionou dese xeito, agora confirma tales resolucións dando un paso máis no procedemento iniciado polo MpDC. Ademais, a AEPD comunicará a dita resolución ao Defensor del Pueblo.
A Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) estima que a Educación incorreu nunha infracción grave xa que o consetimento para o tratamento dos datos persoais é un principio básico do dereito fundamental á protección de datos. Se a institución afirma tal cousa é porque diversas cámaras de vídeo vixilancia instaladas no centro escolar trataron datos sen o consentimento dos afectados, posto que captan imaxes da vía pública e as que enfocan a dentro do recinto non teñen o perceptivo contrato con ningunha empresa de seguridade.
De acordo coa lei, as cámaras reproducen a imaxe dos afectados por este tipo de tratamento de datos e, a efectos da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD) a imaxe dunha persoa constitúe un dato de carácter persoal, xa que capta información que a concerne, o lugar e a actividade desenvolvida polo individuo en cuestión.
O centro, que depende directamente da Consellaría de Eduacación tén instaladas dúas cámaras de vídeo vixilancia fixas, unha no exterior do recinto para controlar a entrada do mesmo e parte da rúa correspondente e outra no interior, orientada cara o patio. É o conserxe quen controla as gravacións e a día de hoxe aínda se descoñece se a empresa de seguridade Servicur Seguridad SA está rexistrada como tal na Dirección General de la Policía. Ademais non existe letreiro ningún que avise da presenza dos ditos dispositivos. As cámaras foron instaladas polo Concello de Arteixo a petición do consello escolar do centro por térense realizado actos vandálicos no colexio.
Con data de 14 de maio de 2008, o Movemento polos Dereitos Civís envía escrito á Delegación do Goberno en Galiza a través do cal solicita, entre outras cousas, que se acredite a legalidade das cámaras instaladas nos exteriores do dito centro de ensino, así como que se proceda a retirada das mesmas. Ademais, a asociación presentou denuncia fronte a Axencia Española de Protección de Datos (quen abriu expediente) e perante o Xulgado do Contencioso Administrativo.
Dereitos Civís considera que as administracións son as primeiras que teñen que dar exemplo aos administrados, para iso se constituíu o colectivo e para iso seguirá trab
Protección de Datos reafírmase na súa resolución e considera a Consellería de Educación culpábel de infracción grave
Written By MpDC on 26/10/09 | 18:38
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario