Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC solicita que se elimine a simboloxía franquista de Ordes

Written By MpDC on 5/10/09 | 19:31

O MpDC súmase ao pedimento da Associaçom Cultural Foucelhas para que o Concello de Ordes deixe de colaborar na homenaxe a “El Soldado Lois” que cada ano se celebra no cemiterio municipal do Laranxal. Ademais, solicitan que se retire a simboloxía franquista que resta no termo municipal e se publique tamén o censo de persoas represaliadas.

Se sambas as dúas entidades demandan tal cousa é porque a homenaxe “amosa a umha total falta de respeito” tanto a familiares e amigos das vítimas da represión fascista en Ordes como a toda a sociedade ordense e galega que acredita na democracia, afirman desde Foucelhas. Ademais, entenden que “non é xusto para o propio Manuel Lois García que a sua morte honrada sexa empregada como un instrumento político ocupando un comprometido posto de humillación contra os seus veciños asasinados.

Aos ollos tanto da Associaçom Cultural Foucelhas como do Movemento polos Dereitos Civís é necesario que se eliminen os restos de simboloxía franquista que aínda fican no concello, comezando polo monolito a “El Soldado Lois” e o nome da Alameda. Ambos os dous colectivos solicitan tamen que se publique o censo de persoas represaliadas durante o golpe militar fascista de 1936 e posteriormente a consecuncia do mesmo, coa finalidade de reparalas moralmente e darlles a homenaxe que merecen como mortos por defender a democracia.

Ademais, tanto Foucelhas coma MpDC sexan exumados os cadáveres enterrados polos falanxistas em todo o concello e, especialmente, no cemiterio municipal onde se fai a dita homenaxe a “El Soldado Lois”.

Pola súa banda a asociación ordense critica ao consistorio que “non se apartou tampouco demasiado na práctica do espírito franquista e dos seus valores militares, xa que colabora anualmente co exército en exibicións ás que son levados nenos e nenas do concello inculcando uns valores belicistas de “dubidosa moralidade”.

0 comentarios:

Publicar un comentario