Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Defensor del Pueblo inicia unha investigación sobre SITEL

Written By MpDC on 19/10/09 | 14:52

O Defensor del Pueblo vén de informar ao MpDC que acaba de iniciar unha investigación sobre o programa de comunicacións SITEL logo de que o colectivo se dirixise á institución interesándose polo dito sistema de intervención de telecomunicacións.

Ao respecto, o Movemento polos Dereitos Civís presentou no seu momento un escrito ante o Defensor del Pueblo para que investigase o progmama de comuniacións SITEL por entender o colectivo que constitúe unha vulneración do dereito á intimidade das persoas.

O Sistema Integrado de Interceptación de Telecomunicacións é un sistema informático integrado de interceptación legal de telecomunicacións de ámbito nacional e utilización conxunta polas Direccións Xerais de Policía e Garda Civil, con dous centros de monitorización e as súas redes asociadas e terminais remotos cunha dotación de 1.803.030 euros.

O programa SITEL permite ao Corpo Nacional de Policía e á Garda Civil intervir as conversacións telefónicas sen necesidade de acudir co mandamento xudicial ás compañías de teléfonos, como viñan facendo ata agora. Os axentes disporán en tempo real e a través do computador de toda a información dixital que procesa unha chamada por teléfono. Deste xeito, terán acceso á conversación mentres na pantalla aparece o número e a identidade do comunicante co que fala o picado, así como o lugar case exacto desde onde ambos están falando, a compañía da que son usuarios e o tipo de contrato que posúen.

Este sistema de escoitas e localización de teléfonos móbiles foi posto en funcionamento por Interior, cunha base legal nun regulamento do Ministerio de Industria e non nunha lei orgánica, como debese ser, ao tratarse dun tema que afecta directamente ás liberdades.

A lei di que os operadores deberán adoptar as medidas técnicas e de xestión adecuadas para preservar a seguridade na explotación da súa rede ou na prestación dos seus servizos, para garantir os niveis de protección dos datos de carácter persoal establecidos neste Regulamento (Real Decreto 424/2005, de 15 de abril, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas, o servizo universal e a protección dos usuarios) e demais normativa aplicable.

A respecto deses dereitos é que se preocupa o MpDC, unha vez máis saíndo na defensa dos intereses da cidadanía e pondo de manifesto que as insitutucións non deixan de sorprender á hora de desdentendere das súas funcións, como atender aos dereitos da sociedade. Programas como o SITEL van contra eses dereitos e novamente pide que se abra unha investigación para esclarecer os motivos que levaron á posta en práctica deste sistema ademais de para que se aclare a legalidade do mesmo.

SITEL noutros medios


Tal e como se pode ler en Telemadrid.es, segundo desvela La Gaceta, o sistema Sitel foi elaborado para o Goberno de Aznar durante o ano 2000 e cando empezou a funcionar, a Policía tiña que pedir permiso a un xuíz para picar unha liña telefónica e tras obter a autorización, a Policía informaba ao operador telefónico e picaba a liña. Unha vez gravada a conversa, as Forzas de Seguridade do Estado ensinaban a a gravación ao maxistrado e este decidía que parte se incluía no sumario e que parte non.

Con todo, co 'Gran Irmán' de Sitel, o proceso cambia radicalmente. Agora a Policía está obrigada a dar ao axente que leve a investigación toda a información sobre a identificación da persoa á que se lle picou a chamada sen que haxa orde xudicial. De estamanera, pode coñecer practicamente todo o que se pode saber de alguén, desde onde vive, o seu correo electrónico ou onde está nese momento.

Unha vez recompilada toda esta información chega o momento no que a Policía pide permiso a un xuíz para picar a liña telefónica do sospeitoso dun delito. E cando o maxistrado concede o permiso, comeza a vixilancia das comunicacións.

0 comentarios:

Publicar un comentario