Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Ninguén debe estar por riba da lei

Written By MpDC on 17/10/09 | 9:57

Desde logo, o común dos cidadáns está obrigado a cumprir coas Ordenanzas, Ordes, Leis, Leis Orgánicas... Pero que pasa cando quen ten que cumprir coa lei é unha Autoridade, Administración ou Institución? Por exemplo, un alcalde, o delegado do Goberno ou mesmo un funcionario?

Pois a experiencia deixa ben claro o que pasa nestes casos. Máis ben pouco. Que pasa cando o alcalde de turno autoriza a construción de centos de vivendas en lugares nos que están prohibidas? Pois nada, cando se demostra a ilegalidade o Concello deberá buscar como legalizar esas construción para evitar pagar unha indeminización ou, no peor dos casos, pois iso, pagar as indemnizacións aos propietarios afectados.

Do alcalde xa non sabemos nada, nin- guén lle vai pedir responsabilidades. Que pasa cando o delegado do Goberno nega a autorización para unha manifestación legal e mesmo identifica os seus participantes e propón sancións? Pois nada, acaba de vulnerar dereitos fundamentais e non pasa nada. Está por riba da lei. Que pasa cando uns axentes deteñen unha persoa por equivocación, ou mala fe? Nada, nin sequera son investigados. E incluso cando se consegue xulgalos, son indultados.

Moitos deses casos están perfecta-mente tipificados no Código Penal. Cal é o problema? Quen dispón dos medios para conseguir levar estes asuntos até as últimas consecuencias? Por exemplo até o Supremor? Nun conflito entre dous ‘cidadáns comúns’ os medios para exercer cada un o seus dereitos son razoabelmente equiparábeis.

Posíbelmente non vaian máis alá do TSXG. Pero quen pode pedir responsabilidades a quen dispón de medios ilimitados para defenderse? É moi común que a Delegación do Goberno alegue falta de lexitimidade activa e/ou pasiva para aceptar unha denuncia dun colectivo. Intentan conseguir por todos os medios que a denuncia sexa presentada por un particular. Por que?

Moi probábelmente un colectivo dispoña de maior capacidade que un particular para facer fronte á contratación dun avogado, procurador... Tamén é máis probábel que o colectivo dispoña de alguén que se poida personar nos múltiples requirimentos e comparecenecias que implica un proceso xudicial.

Só pensar que despois de todo ese esforzo é posíbel que se poida dar o caso dunha interpretación ‘distinta’ ou ‘ampla’ da norma, indulto ou que simplemente o afectado non respecte a sentenza fai dubidar de que exista unha verdadeira igualdade. O que parece certo é que a Xustiza si existe pero que se precisan moitos medios e tempo para atreverse esixila.


Renato Núñez (editor do En Movemento)

0 comentarios:

Publicar un comentario