Ola lector ,
benvido |
entra
|
rexístrate agora
|
Axuda?
MpDC
skip to main
|
skip to sidebar
Campaña: Escrito ao Defensor del Pueblo reclamando que investigue sobre a legalidade de SITEL
Written By Virgulino on 2/10/09 | 0:54
Eu, @ abaixo asinante, tiven coñecemento recentemente da existencia do Sistema Integrado de Interceptación de Telecomunicacións. Un sistema informático integrado de interceptación de telecomunicacións de ámbito estatal e utilización conxunta polas Direccións Xerais de Policía e Garda Civil, con dous centros de monitorización e as súas redes asociadas e terminais remotos cunha dotación de 1.803.030 euros. <br /> O programa SITEL permite ao Corpo Nacional de Policía e á Garda Civil intervir as conversacións telefónicas sen necesidade de acudir co mandamento xudicial ás compañías de teléfonos, como viñan facendo ata agora. Os axentes disporán en tempo real e a través do computador de toda a información dixital que procesa unha chamada por teléfono. Deste xeito, terán acceso á conversación mentres na pantalla aparece o número e a identidade do comunicante co que fala o picado, así como o lugar case exacto desde onde ambos están falando, a compañía da que son usuarios e o tipo de contrato que posúen.<br /> Este sistema de escoitas e localización de teléfonos móbiles foi posto en funcionamento por Interior, cunha base legal basada nun regulamento do Ministerio de Industria e non nunha lei orgánica, como debese ser, ao tratarse dun tema que afecta directamente ás liberdades.<br /> A lei di que os operadores deberán adoptar as medidas técnicas e de xestión adecuadas para preservar a seguridade na explotación da súa rede ou na prestación dos seus servizos, para garantir os niveis de protección dos datos de carácter persoal establecidos neste Regulamento (Real Decreto 424/2005, de 15 de abril, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas, o servizo universal e a protección dos usuarios) e demais normativa aplicable.<br /> Programas como o SITEL van contra, cando menos, do artigo 18 da Constitución e por iso ; Solicito:
Único: Que se abra unha investigación para esclarecer os motivos que levaron á posta en práctica deste sistema ademais de para que se aclare a legalidade do mesmo.
http://cita.es/sitel/
http://www.gaceta.es/18-09-2009+aguirre_dice_quese_han_publicado_escuchas_que_no_estan_sumario,noticia_1img,1,1,66692/
Nome Completo (Obrigatorio):
Enderezo (Obrigatorio) :
Localidade (Obrigatorio) :
Provincia (Obrigatorio):
CP (Obrigatorio):
Comunidade Autónoma (Obrigatorio):
DI (Obrigatorio):
E-Mail
:
(só si queres reicibir información do MpDC. Para exercer os dereitos de acceso, cancelación e rectificación pódeste contactar có MpDC no mail mpdc@movemento.org ou en Rúa Rosalía de Castro, Galerías Belen, Local 102, Santiago de Compostela).
O Movemento polos Dereitos Civís non arquiva datos dos demais emails enviados :
0 comentarios:
Publicar un comentario
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Posts de Dereitos Civís
Comentarios
Cargando...
Copyright © 2011.
MpDC
. All Rights Reserved.
Company Info
|
Contact Us
|
Privacy policy
|
Term of use
|
Widget
|
Advertise with Us
|
Site map
Template Design by
Herdiansyah Hamzah
. Published by
Borneo Templates
0 comentarios:
Publicar un comentario