Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC reclama que se investiguen os supostos abusos policiais contra unha muller en Compostela

Written By MpDC on 23/9/09 | 13:34


O Movemento polos Dereitos Civís vai presentar un escrito ante a Dirección Xeral de Interior e Protección Civil Inspección de Personal da Policía Nacional para que explique os motivos que levaron aos corpos e forzas de seguridade a actuar de xeito violento e deter dun xeito desproporcionado a unha muller que, supostamente, agrediu ao seu fillo.

Segundo recolle La Voz de Galicia, os feitos remóntanse ao día 21 de setembro cando, nun bar da rúa García Prieto en Santiago de Compostela, sobre as 19.30 horas, unha testemuña presencial explicou que unha veciña do barrio, nun estado de embriaguez evidente, entrou no inmoble co seu fillo de 7 anos. Sempre segundo o seu testemuño, de súpeto iniciouse unha discusión entre o pequeno e a nai porque o neno quería que lle comprasen un gorro de natación. Nun momento dado, a nai agrediría ao pequeno, unha acción que foi presenciada por polo menos unha persoa que decidiu chamar á central do 091.

La Voz recolle que, escasos minutos, se achegou ao lugar unha dotación mixta do Corpo Nacional de Policía, formada por dous axentes. Ambos os dous entraron no bar e, mentres un se facía cargo do neno e o levaba fóra do local, o outro, co casco aínda posto, procedeu a reducir á súa nai. Unha persoa que presenciou toda a escena -incluída a agresión da nai ao neno- di que o trato do axente foi "moi malo". E sinala a zona onde están o comecartos e a máquina do tabaco para dicir que "a tiraron contra esa parede". Engade ademais que o axente propinoulle varias patadas.

Outra testemuña distinta dixo que, pola saña coa que lle pegaba, “parecía que o policía tivese algo persoal contra a muller”. A comisaría, coma sempre nestes casoso, é tallante ao dicir que non houbo ensañamento, senón afirma que os axentes utilizaron a forza necesaria para reducir á muller, que estaba completamente fóra de si, que intentou agredir ao axente e que supuña un perigo para o seu fillo -aínda que as testemuñas aseguran que o neno xa se atopaba fóracando a nai foi reducida-. A muller non presentou denuncia.

O MpDC entende a decisión da nai, e é que, segundo afirma o seu voceiro, Renato Núñez, “é habitual que os corpos de seguridade afirmen que aplican a forza minima necesaria” cando numerosas probas, testemuñas e vítimas presenciaron ou viviron o contrario. Por regra xeral, a cidadanía acepta como certas as afirmacions dos corpos e forzas de seguridade “pensando que os agredidos forzaron a agresión”, continúa a dicir o responsábel do colectivo.

Como podemos comprobar non é asi. Se desde a asociación polos dereitos civís se “entende perfectamente” que a afectada non presente denuncia é debido a que este tipo de sucesos non se investiga e supoñen un largo e tedioso proceso xudicial no que a balanza se inclina, na maioría dos casos cara o lado da “autoridade” e case nunca cara o das vítimas.

Tal e como se puxo de manifesto polos veciños do lugar , afirmou La Voz, a actuación da Policía foi totalmente desproporcionada, dándolle patadas á muller e tirándoa contra a parede. Sen embargo , dende a Comisaría escúdanse en xustificar dita intervención da Policía, polo que nos atopamos, “unha vez máis con abusos por parte de dito Corpo”, e que os cidadáns de a pé néganse en denunciar pola dificultade que existe en probar todo tipo de abusos pola Policía.

1 comentarios:

Virgulino dijo...

Aí temos a unha que descubriu que a policía non pega so aos roxos e aos ácratas.

Pegan pq é como aprenderon a traballar na academia.

Publicar un comentario