Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC reclama que se investigue os supostos abusos policiais contra unha muller en Compostela

Written By Virgulino on 23/9/09 | 13:23

NOVA ACTUACIÓN DESPROPORCIONADA

O Movemento polos Dereitos Civís vai presentar un escrito ante a Dirección
Xeral de Interior e Protección Civil Inspección de Personal da Policía
Nacional para que explique os motivos que levaron aos corpos e forzas de
seguridade a actuar de xeito violento e deter dun xeito desproporcionado a
unha muller que, supostamente, agrediu ao seu fillo.

Segundo recolle La Voz de Galicia, os feitos remóntanse ao día 21 de
setembro cando, nun bar da rúa García Prieto en Santiago de Compostela,
sobre as 19.30 horas, unha testemuña presencial explicou que unha veciña do
barrio, nun estado de embriaguez evidente, entrou no inmoble co seu fillo de
7 anos. Sempre segundo o seu testemuño, de súpeto iniciouse unha discusión
entre o pequeno e a nai porque o neno quería que lle comprasen un gorro de
natación. Nun momento dado, a nai agrediría ao pequeno, unha acción que foi
presenciada por polo menos unha persoa que decidiu chamar á central do 091.

La Voz recolle que, escasos minutos, se achegou ao lugar unha dotación mixta
do Corpo Nacional de Policía, formada por dous axentes. Ambos os dous
entraron no bar e, mentres un se facía cargo do neno e o levaba fóra do
local, o outro, co casco aínda posto, procedeu a reducir á súa nai. Unha
persoa que presenciou toda a escena -incluída a agresión da nai ao neno- di
que o trato do axente foi "moi malo". E sinala a zona onde están o
comecartos e a máquina do tabaco para dicir que "a tiraron contra esa
parede". Engade ademais que o axente propinoulle varias patadas.

Outra testemuña distinta dixo que, pola saña coa que lle pegaba, "parecía
que o policía tivese algo persoal contra a muller". A comisaría, coma sempre
nestes casoso, é tallante ao dicir que non houbo ensañamento, senón afirma
que os axentes utilizaron a forza necesaria para reducir á muller, que
estaba completamente fóra de si, que intentou agredir ao axente e que supuña
un perigo para o seu fillo -aínda que as testemuñas aseguran que o neno xa
se atopaba fóracando a nai foi reducida-. A muller non presentou denuncia.

O MpDC entende a decisión da nai, e é que, segundo afirma o seu voceiro,
Renato Núñez, "é habitual que os corpos de seguridade afirmen que aplican a
forza minima necesaria" cando numerosas probas, testemuñas e vítimas
presenciaron ou viviron o contrario. Por regra xeral, a cidadanía acepta
como certas as afirmacions dos corpos e forzas de seguridade "pensando que
os agredidos forzaron a agresión", continúa a dicir o responsábel do
colectivo.

Como podemos comprobar non é asi. Se desde a asociación polos dereitos civís
se "entende perfectamente" que a afectada non presente denuncia é debido a
que este tipo de sucesos non se investiga e supoñen un largo e tedioso
proceso xudicial no que a balanza se inclina, na maioría dos casos cara o
lado da "autoridade" e case nunca cara o das vítimas. A pesar diso recomenda
que a afectada reclame contra o axente.

Tal e como se puxo de manifesto polos veciños do lugar , afirmou La Voz, a
actuación da Policía foi totalmente desproporcionada, dándolle patadas á 
muller e tirándoa contra a parede. Sen embargo , dende a Comisaría escúdanse
en xustificar dita intervención da Policía, polo que nos atopamos, "unha vez
máis con abusos por parte de dito Corpo", e que os cidadáns de a pé néganse
en denunciar pola dificultade que existe en probar todo tipo de abusos pola
Policía.

0 comentarios:

Publicar un comentario