Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC convoca unha conferencia de prensa para dar conta da sentenza favorábel ao colectivo sobre as cámaras de vídeovixilancia en Compostela

Written By MpDC on 28/9/09 | 22:57


Como é sabido, o colectivo ten solicitado a inmediata retirada dos dispositivos de gravación, que atentan contra os dereitos das persoas. Deste xeito, a asociación convoca mañá martes día 29, ás 11:00 horas no Clube Internacional de Prensa (Avda. da Coruña, 6, compostela) unha conferencia de prensa na que se darán a coñecer os detalles da sentenza emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) que resolve avalar a retirada provisional da videovixilancia de Compostela e que impón tamén as costas do xuízo ao Concello de Santiago, atendendo ás alegacións realizadas polo MpDC.

0 comentarios:

Publicar un comentario