Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC celebra que a Xustiza resolvese a favor da “Confederación Agrupación Financiera de Estafados” no caso de Villa PSOE

Written By Virgulino on 14/9/09 | 9:58



O xulgado de instrucción número 3 de Vilagarcía de Arousa dálle a razón á “Confederación Agrupación Financiera de Estafados”, colectivo que recibiu e recibe o apoio do MpDC, logo dunha vista na que se tratou a querela presentada polo alcalde da Illa de Arousa, José Manuel Vázquez, xunto con outros membros da corporación contra representantes da mesma. No seu momento, Vázquez e demais membros presentaron a dita querela contra o dereito á honra por teren solicitado varios membros do colectivo documentos que xustificasen o cumprimento da legalidade de Villa PSOE.

Segundo a sentenza, a demanda interposta polos membros da corporación non pode prosperar xa que os actores “accionan a título particular e non coma membros da Xunt de Goberno local da Illa de Arousa, cuxa condición afirman ostentar aínda que non a acreditan”. De aí que non pode deducirse unha intromisión ilexítima no seu dereito á honra, afirma o maxistrado do caso. Ademais, e referíndose a varios dos obxectos da dita demanda presenta polos representantes do goberno da Illa referidos como ataques á súa honra, a sentenza reza que “son encadrábeis dentro do exercicio o dereito de expresión” e polo tanto non poden ser tidos en conta como supostas vulneracións da honra.

Responsábeis da Confederación esixiron, en numerosas ocasións, ao concello da Illa de Arousa que lles facilite a documentación ou que lles deixen ver o proxecto e comprobar o cumprimento da legalidade de Villa PSOE que, paradoxalmente, se atopa nunha zona privilexiada e costeira, tal e como consta nas inscricións do rexistro da propiedade. Desde o colectivo agardan que a lei se aplique a todas as persoas por igual e que se recúe na recalificación ilegal dos terreos nos que se atopa a construción.

Tanto o Movemento polos Dereitos Civís coma a Confederación coidan que se está ante actos graves que estaban levando e levan a cabo responsábeis políticos e bancarios dunha entidade financeira como é Caja España. O MpDC denuncia, unha vez máis, a vulneración dos dereitos civís dos cidadáns de a pé, que se ven privados das súas garantías tendo que recorrer á vía xudicial para que se cumpra a legalidade en asuntos de tanta actualidade como é o urbanismo ao ser unha materia de orde pública.

Os inicios do polémico complexo residencial

Desconfiando da legalidade do PXOM en canto á cualificación dos terreos segundo a normativa aplicábel, a Confederación presentou unha denuncia no xulgado por presunta prevaricación por parte das autoridades, tanto da administración autonómica como das municipais da illa de arousa, rexidas ambas as dúas, naquela altura, polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE).

A polémica iniciouse cando a zona de Cabodeiro foi recalificada, logo da cal, numerosos veciños da contorna denunciaron, en múltiples ocasións, as irregularidades administrativas que supuña un informe elaborado polo secretario municipal. No dito documento rebaixábase a distancia permitida para construir na liña costeira, que pasou de 100 a 20 metros. A isto engadimos que sobre habitantes da zona pesaban ordes de derrubamento e sancións polas antigas vivendas levantadas xunto a costa, mentres que os políticos anteriormente citados si podían gozar destes privilexios.

O beneficiario resultou ser un promotor privado, Residencial Illa de arousa SL, que se constituíu exclusivamente para realizar esta promoción na zona de O Cabodeiro (O Furado) e da que son membros, curiosamente, altos cargos do PSOE coma José Blanco, Ricardo Varela ou Lucinda Diz Besada, entre outros. Ao respecto, Financiera de Estafados denuncia que se recalificaron terreos nos que anteriormente non se podía edificar e onde carencia de servizos é notoria. Ademais, o Concello realizou unha cesión de terreos municipais a tal finalidade para logo volver ao patrimonio do municipio, negocio que o sindicato considera ilícito e nada normal se non fose para beneficiar a obra que satisfaceu a altos responsábeis que foron adxudicatarios das vivendas.

0 comentarios:

Publicar un comentario