Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

MpDC compara a Bugallo con Micheletti

Written By Virgulino on 30/9/09 | 11:14

·        Se desde o Movemento polos Dereitos Civís se afirma tal cousa é porque o dictador hondureño tamén consideraba que os defensores dos dereitos civís "obstaculizan o labor dos Corpos e Forzas de seguridade" e por iso suspendeu os dereiros constitucionais no país logo da súa chegada ao poder

·        En relación coa afirmación do Alcalde de Compostela de que os Corpos de Seguridade tamén defenderán os dereitos dos membros da asociación, o portavoz do MpDC lembra que é membro do Consello Galego de Seguridade Cidadá e que ese organismo non foi convocado desde a súa constitución fai xa máis de dous anos, motivo polo que este non puido opinar fronte ao dispositivo de seguridade.


Para o MpDC, esa actitude levada a cabo polo golpista é comparábel á que mantén o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, debido a que está ninguneando de xeito “sistemático e escandaloso” a Xustiza e á Constitución e parece que pouco máis lle pode quedar nese discurso totalitario que acatar as teses de Micheletti no que respecta aos colectivos que se preocupan polos dereitos da cidadanía vendo que el e o seu equipo de Seguridade non o fan.

O colectivo non entende a obsesividade de Bugallo cos seis dispositivos de vídeo vixilancia instalados ilegalmente na zona vella da cidade (lembra que son ilegais, o dixo a Xustiza, e non é unha interpretación subxectiva desta asociación). Aínda sendo a súa actitude deplorábel no que atinxe ao respecto que pode ter pola sociedade, o Movemento solicitou en varias ocasións unha xuntanza con el para expresarlle o mesmo que leva facendo despois de máis de seis anos, que se teñen que respectar os dereitos das persoas. O rexedor nunca quixo recibir o MpDC.

Consello Galego de Seguridade Cidadá 

O consello Galego de Seguridade Cidadá leva sen reunirse desde a súa constitución, en 2007. Na altura, o delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras, anunciara con grandilocuencia a creación deste organismo de consulta, destinado a converterse nun órgano de participación cidadá no que estarían representados os actores sociais máis importantes do país e que serviría para trazar os programas e estratexias autonómicas en materia de seguridade. 

Aos ollos do voceiro do MpDC, membro de dito organismo, a ausencia de actividade do Consello “marxina a participación da sociedade na seguridade por exemplo, do Concello de Santiago, de cara ao Xacobeo”. O colectivo pregúntase se tamén isto pode ser unha manobra das institucións para evitar que as persoas concienciadas e preocupadas polos dereitos civís se vexan apartadas do seu cometido podendo campar así a administración ás súas anchas. 

 

Así as cousas, a existencia do Consello Autonómico revélase como unha pantomima creada para dar unha aparencia de diálogo e participación cidadá nas cuestións da seguranza, aínda que na realidade non sexa máis ca un organismo baleiro de contido. Outra vez, batemos contra a indiferenza da administración nun asunto tan relevante como a planificación das actuacións en materia de seguridade cidadá, relegando até o inexistente a participación da sociedade e impóndo a arbitrariedade e a dominación.  

 

Por último o MpDC pregunta ao novo Delegado do Goberno si pensa convocar este Consello nalgún momento.

 

 

0 comentarios:

Publicar un comentario