Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Denuncian os abusos continuos da Policía a inmigrantes en Ferrol | Galicia Hoxe

Written By Virgulino on 4/9/09 | 18:38

Denuncian os abusos continuos da Policía a inmigrantes en Ferrol | Galicia Hoxe:

O Movemento polos Dereitos Civís considera que os incidentes do martes pasado en Ferrol entre a Policía e varios cidadáns que intentaron impedir a detención dun inmigrante, e que deixaron ferido grave un axente, se deben ós 'continuos abusos' e das Forzas de Seguridade contra o colectivo inmigrante en Ferrol'. O colectivo entende que esta situación levou a que se producise unha 'disputa espontánea' para evitar a detención e 'unha vez máis o abuso de autoridade', e aventura que se a actuación policial 'fose correcta' sería 'difícil' entender tal 'solidaridade' dos cidadáns cara á persoa senegalesa á que se intentaba apresar. O MPdC cre que a cidadanía está 'cansa de observar abusos de forza' con 'habitualidade'. Por iso, a asociación solicítalle á Policía Local de Ferrol que indague nas actuacións contra o colectivo inmigrante 'para coñecer a orixe da reacción cidadá' e sinala que lles reclamará ós responsables que insten os seus axentes para actuar 'defendendo os dereitos e liberdades das persoas, atendendo á súa condición como tal e non pola súa orixe ou cor de pel'.

Pola contra, o Sindicato Unificado de Policía denunciou que os medios dos que dispoñen os policías nacionais non se atopan 'acordes' á realidade que sofren. O sindicato tamén lle esixiu ao Goberno central que 'avalíe' os riscos aos que a diario se enfrontan os axentes e opte pola dotación de material acorde para a defensa e a de terceiras persoas e que cumpra cos principios da Lei de prevención de riscos laborais."

1 comentarios:

Nemigo dijo...

máis información -> http://www.facebook.com/group.php?gid=261160175176&ref=nf

O heme di non ter raiado ningún coche e que os axentes tentaron quitarlle a mochila na que levaba CD e DVD

Publicar un comentario