Bugallo non alega unha sentenza contraria ao Concello e favorábel ao MpDC
Written By Virgulino on 4/9/09 | 13:22
O Concello de Santiago deixou pasar o prazo para facer alegacións a respecto da solicitude de execución provisional da sentenza que lle gañou o Movemento polos Dereitos Civís ao consistorio compostelán. A día de hoxe, o procedemento aberto polo MpDC sobre a ordenanza municipal de publicidade estática atópase á espera de que o xuiz resolva sobre a dita execución provisional.
No seu momento, o xulgado aceptou iniciar o procedemento de execución provisional da sentenza favorábel ao Movemento logo de que o Concello aprobase en 2003 a norma municipal na que se contemplaba a colocación de varios paneis para a comunicación social, así como que nas obras en construción se colocasen mupis destinados ás comunicacións publicitarias. Desde entón, os ditos mupis colocados foron por mor das denuncias do MpDC e en lugares de pouca frecuencia de tránsito de persoas.
Diante desta vulneración por parte do Concello dunha normativa aprobada polo propio Concello, para máis ver, Bugallo nin se molesta en alegar unha sentenza contraria aos seus intereses, admitindo, dese xeito, o incumprimento da ordenanza da que eles mesmos se dotaron.
No seu día o Concello de Santiago enviara un escrito ao Defensor del Pueblo xustificando o incumprimento da ordenanza de publicidade estática, no que sinalaba que o único que ía facer era enviar o texto á Federación Gallega de la Construcción. Asimesmo, aclaraba que as súas actuacións “se concretan no desenvolvemento de tarefas de control e vixilancia, sen que destas intervencións se derivara a incoación de expediente sancionador algún”. Ou sexa, non sancionaba as empresas constructoras que incumprían a ordenanza mentres si o facía coas asociacións que actuaban dentro das recomendacións da mesma.
A decisión de o Movemento interpór o recurso contencioso tomouse ante a inactividade do Concello, xa que os poucos paneis que se colocaron normalmente estaban ubicados en lugares pouco transitados, mentres que no centro da cidade eran nulos e nas obras non se habilitaban os espazos obrigados ou neles reinaba a frase “Prohibido fixar carteis". Mentres, por outro lado, aplicaábanse as sancións previstas na ordenanza a aquelas persoas ou colectivos que anunciaban actividades por medio de carteis. Ademais os axentes da Policía Local procedían ao seguimento e identificación das persoas que estaban a realizar pegadas de cartelería.
Etiquetas:
Concello de Ares,
Concello de Santiago de Compostela,
Dereito á Liberdade de Expresión
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario