Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Fwd: Denegan videovixiancia por “desproporcionada” nas Pontes

Written By Virgulino on 21/8/09 | 10:55

A Comisión de Garantías de Videovixilancia ven de denegar o recurso presentado polo Concello das Pontes mentres autorizaba unhas cámaras similares para Ares

Por primeira vez o MpDC ten noticia de que se denegue unha autorización para a instalación de cámaras de videovixilancia na Galiza. Concretamente se denegaron as cámaras solicitadas para vixiar os xardíns municipais do Concello de As Pontes e que estarían situadas na fachada da casa consistorial e outra na farola do parque infantil.

A noticia chegoulle recentemente á asociación, aínda que foi ditada no pasado día 30 de xaneiro do 2009, posteriormente o Concello presentou un recurso de reposición que foi rexeitado no pasado día 2 de Abril.

Ao Movemento polos Dereitos Civís sorprendeulle gratamente a motivación pola que foi denegada a instalación. Segundo a Comisión de Garantías de Videovixilancia de Galiza "os argumentos que se alegan non desvirtúan as razóns que serviron de base ao anterior informe baseado na proporcionalidade do artigo 4º da Lei Orgánica 4/1997"

Segundo isto, as cámaras non serán instaladas por desproporcionadas, algo que o MpDC achaca ao continuo traballo que ven realizando desde o ano 2002. Nembargante, a Comisión de Garantías veu de aprobar no mesmo día a renovación das cámaras da fachada o Concello de Ares que foron instaladas de forma ilegal.

Falta de criterios obxectivos

Estas cámaras foron instaladas sen ningún tipo de autorización para vixiar a fachada do Consistorio, e o MpDC ao ter noticias deste extremo presentou denuncia perante a Delegación do Goberno. Neste caso a Comisión de Garantías autorizou estas cámaras que teñen un obxectivo similar ás de As Pontes, e que foran instaladas ilegalmente. Mesmo o Defensor del Pueblo fixo un recordos ao Concello de Ares para que cumprira coa legalidade e o MpDC segue un contencioso contra a autorización destas cámaras.

O MpDC non entende a discrecionalidade da Comisión á hora de outorgar autorización e mesmo considera que pode crear inseguridade xurídica.





 



 

 


0 comentarios:

Publicar un comentario